Conmemoracións

5 de xuño-Día do medio ambiente

 

O 5 de xuño celebramos no colexio o Día do Medio ambiente para que tomemos conciencia da importancia do coidado do noso entorno. Os alumnos colocaron uns carteis cos nomes e características más importantes das árbores, arbustos e prantas que temos no colexio.

DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o DÍA DO LIBRO fixemos unha sesión de contacontos no que participaron todos os nenos/as facendo de contacontaos e outros de público. Houbo 9 contos simultáneos e rotatorios e 9 grupos de rapaces compostos por unha mestura de nenos de educación infantil e primaria. Estes foron os contos que se contaron:

1º EP-La Mosca tosca-Viaxe total.                              2ºEP- Galiño pelao.

3º EP- Quen quere casar con Chinela?    4º EP-Este conejo pertenece a Emily Brown.

5º EP- Chibos,chibóns.                                             6º EP- Capitán Calabrote.

Inglés: Dragons                                                      Música: O tigre e o leñador.

 

VISITA DE AN ALFAYA

Aunando as celebracións “Día do libro “ e “Día das Letras Galegas” os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria  leron e traballaron  os libros “A encontadora”  e “O aroma do liquidámbar”  respectivamente,  no mes de Abril e o 15 de Maio recibiron a visita da autora, a escritora An Alfaya, que lles explicou con entusiasmo e agarimo como se inspirara para escribir estes e outros libros, e respondeu solícita e chea de simpatía a todas as preguntas  que os nenos /as  lle fixeron sobre os seus libros e premios conqueridos  e tamén sobre unha obra de teatro que están a preparar no colexio e que foi a súa primeira obra publicada . Finalmente  An  Alfaya firmou e adicou o libro a cada alumno.  Foi unha actividade emotiva e interesante.

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa na escola os nenos e nenas de 1º estivemos a coñecer como se estructura un xornal e  as partes que ten unha noticia. Traballamos en pequenos grupos para axudarnos uns a outros e resultou unha actividade moi entretida.

FOTOS NADAL

Este ano o festival de Nadal tivo coma protagonista ao “Apalpador”, unha personaxe propia de Galicia que se dedicaba a coidar nenos e nenas, ademais de encher o seu bandullo con castañas.

A primeira actuación correu a cargo dos nenos e nenas de 6º de Primaria, consistente en contar un conto, facer un baile e cantar unha canción vestidos de “apalpador”. De seguido actuaron os nenos e nenas de Infantil, primeiro os de 5º cantaron e bailaron a canción “Somos amigos”; despois os de 4º cantaron a canción “Fun ao mercado” e, finalmente os de 6º cantaron unha canción creada por eles e disfrazados de planetas. Seguidamente, viñeron as actuacións de toda Primaria: os de 6º bailaron unha canción típica de Grecia; os de 1º cantaron a panxoliña “Na casa da miña avoa” e os de 2º “Xa me tardan estes magos”; a continuación os de 3º recitaron, entre todos, poesías das catro estacións; os de 5º cantaron e tocaron con flautas e percusión con vasos a canción de “Serenade”; e , finalmente, remataron coas actuacións os de 4º, primeiro tocando a “Polca da cereixa” con botellas de auga e despois facendo o baile da canción “Twelve days of Christmas”.

E, como remate do festival, a ANPA organizou a actuación da “Fada dos Soños”.

MAGOSTO

Comezamos a festa do MAGOSTO comendo castañas asadas nunha fogueira e un bocadillo de chourizo que estaba boísimo.

E despois de disfrutar dunha boa comida comezan os xogos populares en distintas zonas, cada dez minutos soaba unha sirea e cambíabamos de xogos,

rotando todos os cursos por todos os xogos.

Na pista vermella xogamos a  “Tiro de corda", á  “Castaña por detrás” cos nenos e coas nenas de Primaria, corre que o tes que coller!!!!! e ao "xogo do reloxio", coidado co aro!!!!! 

Na pista de terra,  xogamoso á “A mariola ou mariquitilla”, qué recordos da infancia!; “As casiñas. Rodas de coches”, xulgade vós a alegría destes cativos neste xogo.

Espalda erguida, excelente control motor e enriba un sorriso. Así da gusto! “Carreira de castaña na culler”, xogo nº 6.

Os nenos e as nenas das clases de infantil foron agrupados polo color dos gomets que lles puxemos nas mans. Deste xeito interactuaron nenos de 4º, cos de 5º e 6º.

 xogaron ao  lanzamento da castaña, xogo nº7; ao xogo do pañueliño por detrás, temos o da castaña por detrás, o nº 8.

Cómo nos custou ter os olliños pechados, eh!

  E para rematar cos xogos populares temos aquí o nº 9, “O salto da rá”, onde fomos rás para levar a castaña ata o final do pequeno circuito de aros.

 

 

Por último, e para rematar coa festa do Magosto, os nenos e nenas de Primaria fixeron bailar os seus trompos, pero qué artistas!!!!!

SAMAIN 2013

En Galicia Samaín, En Irlanda Halloween* unha festa divertida onde intercambiamos tradicións e culturas gracias á auxiliar de conversación NorIrlandesa e a colaboración chipriota do Proxecto Leonardo con poemas en inglés, o Conxuro en galego, xogam os ao Apple Bobbing, houbo disfraces, cabazas decoradas, xogos, a visita dos pais da ANPA cun regalo de TRUCO e TRATO,   e  sobre todo...moitas risas

EDUCACIÓN VIAL 05-04-13

Coma todos os anos, no CEIP Sárdoma-Moledo celebramos a xornada de Educación vial, nas que os rapaces e rapazas aprenderon a circular correctamente tanto sendo peóns, coma condutores, xa que o noso centro está dotado dun circuíto que semella un percorrido real, con rotondas, semáforos, sinais verticais e horizontais... ata había policías que multaban ós que non respectaban as normas de circulación!


ENTROIDO 2013

ENTROIDO 2013

Xa están aquí as fotografías do Entroido que celebramos o pasado 8 de febreiro no cole, cun desfile. O tema deste ano foi o dos inventos e descubrimentos.


Este é o enlace do vídeo que prepararon as nais e pais da ANPA.

MOITAS GRAZAS.


Nadal 2012

Festival de Nadal 2012

O pasado 21 de decembro celebramos o festival de Nadal. Aquí tendes algunhas imaxes das actuacións que preparamos o alumnado, o claustro e monitoras das actividades extraescolares.

 

 

Tamén podedes ver o vídeo que prepararon as nais e pais do ANPA, ós que lles agradecemos a súa participación e colaboración. 

 

Decoración de Nadal

Magosto 2012

 

Magosto

O día 9 de novembro celebramos o Magosto no CEIP Sárdoma-Moledo. A xornada comezou co apadriñamento de árbores, continuando cunha boa merenda: de primeiro bocadillo de chourizos asados e de segundo castañas asadas, como manda a tradición.

 


Despois da comilona tocaba xogar, e que mellor que continuar cos xogos populares que nos prepararon os mestres Vanesa, Rafa e Uxío: lanzamento de castaña, exhibición de buxainas e o xogo do reloxo.

 


Para rematar a mañá, as nais e pais da ANPA prepararon carreiras de zancos e de sacos para tódolos cursos de primaria.


Samaín 2012

 

SAMAÍN

O día 31 de outubro celebramos o Samaín. Moitos fomos disfrazados xa de casa e ao resto, algunhas nais nos maquillaron para que estiveramos horrorosos!!!!

Fixemos conxuros en inglés e en galego co mestre Rafa e con Peter.

 


 

Xogamos a pescar a mazá coa boca, saíndo un de cada clase. Que ben o pasamos!!!!



Festival fin de curso

Neste video tedes un resumo dos traballos feitos polo alumnado de infantil e primaria ademais de imaxes das actuacións no festival de fin de curso.


DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Os nenos/as do cole celebraron o Día do Medio ambiente plantando unha árbore.

Pódense ver as imaxes no seguinte enlace:

Día do Medio Ambiente

Callistemon

ENTROIDO 2017

Estimadas Familias,

Convidámosvos a celebrar con nós o festival do entroido, o próximo Venres 24 de febreiro, a partir das 12:00h no patio de gradas do colexio e remata a Festa ás 14:15.

Programa de Actividades relacionados co Proxecto ASiA:

- Desfile dos Entroidos por cursos.

- Múscia e Bailes.

- Actuación da Comparsa das ANPAs.

- Sorpresa especial de Entroido.

- Espectáculo de Maxia: O Mago Cali

 

Desfile dos alumnos e alumnas do CEIP de Sárdoma-Moledo:

Libro Interáctivo "Unha Sobremesa Multicultural"

Video do Entroido, por cortesía dunha mamá, moitísimas grazas Yolanda!!!

 

Concurso de TROMPOS:

 

O Magosto

MAGOSTO 2011



Samaín 2011

 

 HISTORIA DO SAMAÍN

SamaínNa noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta, marcando a transición do verán ao inverno. Durante esta noite os druídas (a caste sacerdotal dos celtas) recollían as bagas de acivro cunha fouce de ouro. Acto seguido depositaban esas bagas nun caldeiro ou as tiraban a un manto branco que sostiña outro druída no chan. Despois, esas bagas tan especiais, terían indubidables poderes curativos para o poboado, e para as súas elaboracións "máxicas".

Uns días antes do ano novo, tiñan lugar innumerables sacrificios animais. Ademais de ter un carácter relixioso, temos que ter en conta unha cousa que se achega o inverno e hai que empezar a almacenar alimentos para facer fronte aos duros meses que veñen por diante. Estes sacrificios de animais, facíanse co obxectivo de aprovisionarse de carne e de pel para o inverno. Era a súa peculiar "matanza".

Esa noite está relacionada moi directamente co mundo dos mortos. Pois ben, esta crenza estaba moi arraigada no pobo celta. Eles crían que esa noite, unha "porta" abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas. Durante este período non se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Durante esas horas, podíase tocar, palpar e ata se podía traspasar ao mundo dos mortos. Por iso en todo o pobo había fogueiras. Estas, non se acendían coa intención de espantar aos malos espíritos, nin nada diso, senón que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite, para que atopase aos seus parentes e fogares, e puidésense quentar coa calor do lume do fogar. 

CabazaComo apunte final a esta festa celta, hai que mencionar unha curiosa tradición: os celtas, esas noites, amontoaban as caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas. Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura, xa que nas encrucilladas dos camiños facíanse amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo. Existe un milladoiro no camiño de Santiago, que é famoso (ademais de estar preto de Santiago de Compostela), porque posúe unha gran cruz de ferro. O feito de depositar unha pedra alí é signo de que non terás mala fortuna durante o que queda de viaxe, por iso os peregrinos soen levar unha pedra desde o seu lugar de orixe, ou ben a collen antes de chegar ao milladoiro.

 

A LENDA DA CABAZA

Samaín

Fai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o diaño cumpriu o seu parte e non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack (coñecido por Jack of the Lantern, Jack da lanterna) deambula polo mundo coa súa lanterna en busca dun lugar onde descansar.

Existe outra variante da lenda na que Jack fixo unha broma ao dia ño; fíxolle rubir por unha árbore seca e quedou encerrado no seu tronco. A cambio da súa liberdade, o diaño teríalle que deixar de tentar coa bebida. E claro, como fora unha persoa que fixera malas accións, e como o diaño en vinganza pola broma non lle deixou entrar, quedou por "aí", vagando eternamente coa súa lanterna.

A lanterna era a base de nabo, entón... de onde vén a cabaza? Cando chegaron os primeiros colonos ingleses e irlandeses, tiñan a tradición do nabo, pero se atoparon coa cabaza. Esta ofrecía mellores características que o nabo: en primeiro lugar é máis grande que un nabo e pódese introducir unha vela, dando máis luz; en segundo lugar proporciona máis alimento; e en terceiro lugar é máis vistosa.

Existe tamén a lenda que se recorta a cabaza en forma de monstro e acéndese unha vela dentro para que Jack, Jack o da Lanterna, non se achegue a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tebras...

 

 



Distribuir contido