Skip to Content

FOTOS NADAL

Este ano o festival de Nadal tivo coma protagonista ao “Apalpador”, unha personaxe propia de Galicia que se dedicaba a coidar nenos e nenas, ademais de encher o seu bandullo con castañas.

A primeira actuación correu a cargo dos nenos e nenas de 6º de Primaria, consistente en contar un conto, facer un baile e cantar unha canción vestidos de “apalpador”. De seguido actuaron os nenos e nenas de Infantil, primeiro os de 5º cantaron e bailaron a canción “Somos amigos”; despois os de 4º cantaron a canción “Fun ao mercado” e, finalmente os de 6º cantaron unha canción creada por eles e disfrazados de planetas. Seguidamente, viñeron as actuacións de toda Primaria: os de 6º bailaron unha canción típica de Grecia; os de 1º cantaron a panxoliña “Na casa da miña avoa” e os de 2º “Xa me tardan estes magos”; a continuación os de 3º recitaron, entre todos, poesías das catro estacións; os de 5º cantaron e tocaron con flautas e percusión con vasos a canción de “Serenade”; e , finalmente, remataron coas actuacións os de 4º, primeiro tocando a “Polca da cereixa” con botellas de auga e despois facendo o baile da canción “Twelve days of Christmas”.

E, como remate do festival, a ANPA organizou a actuación da “Fada dos Soños”.



page | by Dr. Radut