Skip to Content

VISITA A VITRASA

O venres 24 de maio, os alumnos de 4º de primaria sairon a visitar a compañía viguesa de transportes ( VITRASA)

Un autobús urbano recolleunos no colexio e levounos ata  ás súas instalacións. En canto chegamos presentouse una monitora que nos explicou a historia desta empresa  e os autobuses que teñen na súa flota , desde os mais antiguos ata agora.

Despois fomos ao taller , para ver como se arranxan os motores, como se colocan as rodas, os  fosos  e.t.c.  Pasamos logo a una cabina na que dous traballadores fixeron a delicia dos nenos cunhas  explicacións asombrosas  sobre soldaduras con estaño , tarxetas de memoria …e demostracións prácticas que acapararon totalmente a atención e fixeron que o tempo pasara voando.

Visitamos a sala dos ordenadores que controlan toda a rede de autobuses da cidade e falamos pola emisora cunha conductora moi amable,tamen pasamos pola Caixa forte onde se gardan as recaudacións e fixemos una foto coa mascota de vitrasa.

Convidáronnos  a refrescos ,patatillas e caramelos  e regresamos ao colexio no bus turístico de dous pisos que nos fixo moita ilusión.

Os nenos comportáronse estupendamente e a visita resultou moi interesante e amena.

DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o DÍA DO LIBRO fixemos unha sesión de contacontos no que participaron todos os nenos/as facendo de contacontaos e outros de público. Houbo 9 contos simultáneos e rotatorios e 9 grupos de rapaces compostos por unha mestura de nenos de educación infantil e primaria. Estes foron os contos que se contaron:

1º EP-La Mosca tosca-Viaxe total.                              2ºEP- Galiño pelao.

3º EP- Quen quere casar con Chinela?    4º EP-Este conejo pertenece a Emily Brown.

5º EP- Chibos,chibóns.                                             6º EP- Capitán Calabrote.

Inglés: Dragons                                                      Música: O tigre e o leñador.

 

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

Actividade de Normalización lingüística realizada co alumnado do 3º ciclo.A través de diferentes xogos e actividades lúdicas, pretendeuse fomentar a expresión oral   da lingua galega.

UNHA CLASE DE E.F. DE 1º DE E.P.

Así de ben o pasamos nas clases de Educación Física. Ahí van uns minutos dunha sesión de calquera día.

VISITA DE AN ALFAYA

Aunando as celebracións “Día do libro “ e “Día das Letras Galegas” os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria  leron e traballaron  os libros “A encontadora”  e “O aroma do liquidámbar”  respectivamente,  no mes de Abril e o 15 de Maio recibiron a visita da autora, a escritora An Alfaya, que lles explicou con entusiasmo e agarimo como se inspirara para escribir estes e outros libros, e respondeu solícita e chea de simpatía a todas as preguntas  que os nenos /as  lle fixeron sobre os seus libros e premios conqueridos  e tamén sobre unha obra de teatro que están a preparar no colexio e que foi a súa primeira obra publicada . Finalmente  An  Alfaya firmou e adicou o libro a cada alumno.  Foi unha actividade emotiva e interesante.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE VOLEIBOL

Os equipos benxamíns e alevíns do colexio participaron en maio no Campionato Provincial de Voleibol  quedando ambolos dous  como novos CAMPIÓNS PROVINCIAIS.

                               NORABOA!!!!

O equipo alevín representará a provincia de Pontevedra no Campionato Autonómico a celebrar o próximo día 1 de xuño na cidade de Lugo.

              MOITO ÁNIMO PARA OS NOSOS CAMPIÓNS!!

FUNDACIÓN BARRIÉ-O ÁBACO

Os alumnos de 2º de EP visitamos a Fundación Barrié e traballamos nun taller de matemáticas facendo distintas actividades co ábaco. Aprendimos a calcular mentalmente de forma lúdica e creativa.

OS MAIOS

Dentro das actividades organizadas polo departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo  o día 15 de Maio os alumnos/as de 4º de primaria tiveron no centro una actividade  donde se lles explicou a tradicional festa dos maios, para o que lles mostraron un vídeo da festa dos maios deste ano en Vigo, na praza da Constitución.

Despois saíron todos ao patio para aprender e facer unha práctica da danza típica.

  Foi divertido e aos nenos gustoulles moito

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN

       

O día 6 de Maio de 2014, co galo do Día das Letras Galegas, os alumnos de 2º ciclo tiveron un taller de ilustración de contos a cargo do ilustrador  ANXO FARIÑA ensinoulles varios trucos para facer caras de persoaxes con distintas expresións, sen dificultade e os rapaces estaban encantados de ver o ben que lles saían!  Logo pasaron a crear os persoaxes do conto que eles fixeran: “A araña de dúas patas” coa técnica de collage.

Estiveron moi atentos e interesados , pasárono moi ben e saíron contentísimos.

VISITA MUSEO LISTE 3º CICLO

O xoves, día de 13 de febreiro os alumnos e alumnas do terceiro ciclo, xunto coas nosas titoras, fixemos unha visita ao Museo Etnográfico Liste. Percorremos as nove salas de exposición permanente coas que conta o museo, e que albergan un total de 2.500 pezas que reflexan diversos aspectos da culura galega.
Cada unha destas salas abarca un aspecto diferente:
• A cultura do centeo (semente, recollida do cereal, transformació alimentaria...)
• A roda tradicional (a roda e os carros)
• A simboloxía dos oficios ( oficios rurais tradicionais)
• O peche (As formas dos peches nas vivendas e anexos)
• Os tecidos (a transformación das fibras testís tradicionais)
• A madeira escavada (artesanía nos materiais empregados para confeccionar ferramentas...)
• A luz (mostras de candís e outras formas de luz artificial)
• As materialidades da fe
• A arte de curar
Tamén visitamos a sala de exposicións temporais que neste momento estaba adicada a elaboración dos selos de caucho e acollía o mobiliario e útiles de traballo procedentes do taller “Hijas de J. Nieto”.
Foi unha visita moi interesante e entretida

ENTROIDO

Este ano celebramos o Entroido empregando como temática os contos, relacionado isto co lema do centro “De boa tinta”.

En primeiro lugar, fixemos a degustación de diferentes doces típicos do entroido que, amablemente, nos fixeron diferentes pais/nais.

Unha vez feita á degustación, comezou o desfile con diferentes membros do ANPA desfilando e bailando para, posteriormente, desfilar cada curso disfrazado dun conto diferente.

Finalmente, rematamos a celebrción cun baile dos nenos e das nenas de 6º.

E, unha vez rematado o desfile, fixemos a degustación dos doces para os pais, nais e diferentes familiares dos/s cativos/as

 

SEMANA DA PRENSA

Na semana da prensa na escola os nenos e nenas de 1º estivemos a coñecer como se estructura un xornal e  as partes que ten unha noticia. Traballamos en pequenos grupos para axudarnos uns a outros e resultou unha actividade moi entretida.

A nosa querida FROSO

FROSO CHASIKOU unha profesora licenciada en Música e Danza natural de Chipre que compartiu  con nós un ano cheo de experiencias e emocións a través do Proxecto Europeo Leonardo da Vinci.

Implicada durante 6 meses en Música, Danzas e Artes Plásticas e tamén mellorando o Inglés do noso alumnado.

Moitas grazas Froso polo teu entusiasmo, o teu esforzó, as túas ideas e aportar creatividade e sobre todo moito cariño co alumnado, o profesorado e a toda a comunidade educativa.

Gracias por todo. Sempre estarás na nosa memoria. Xa formas parte de nós.

You are always in my mind!.

CHARLA DE ASTRONOMÍA

En Abril, os nenos de 6º de Ed. Infantil e os de 1º, tivemos a sorte de ter unha mestra moi especial... unha profe da Universidade de Vigo de Astrofísica! Explicarnos moitisimas cousas da nosa Terra, do Sistema Solar, da Galaxia Via Láctea, do Universo en xeral.Foi moi ameno e ao rematar fixemos unha pequena práctica do que acontece cando un meteorito choca contra unha superficie como a Terra ou a Lúa.

VISITA AO AEROPORTO

O día 4 de Abril os nenos de 1º visitamos o Aeroporto de Peinador. Alí explicáronnos  como debemos facturar as maletas, como funciona o control de seguridade, e como sería o proceso de embarque. Tamén puidemos ver una maqueta do aeroporto. Na segunda parte da visita, fomos ver os bombeiros que traballan no aeroporto(os camións e as súas vestiduras ), así como as aves(águia e lechuza) que espantan a outras aves das pistas para que non se produzan accidentes. Foi unha saída moi divertida e na que aprendemos moito!

DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro celebramos no centro o “Día da Paz” adicándolle este día a Nelson Mandela. Unha das actividades consistiu en que cada curso escollera unha frase célebre de Mandela que decoraron entre todos/as para, posteriormente, explicala e colocala unha a unha nun tablón. Feito isto, un/una neno/a de cada curso completou un puzzle cuxas pezas forman a cara de Mandela. Finalmente, acabamos a celebración cunha canción que nos cantaron os/as nenos/as de 1º.

TEATRO EN INGLÉS

Espectáculo divertido, motivador, musical e participativo.

A Música feita en directo: Acordeón, flautas, guitarra, pandeiro, tambor, panderetas…

Os animais da selva resolven os seus conflictos dunha maneira amistosa e colaborativa. 

A historia traballa os valores: amistade, cooperación, traballo en equipo, alegría, a paz para a comunidade de habitantes da selva.

Un espectáculo interactivo e musical.

O alumnado estivo traballando durante quince días un caderno de traballo de 22 paxínas aprendendo moitas expresións e vocabulario en inglés.

Traballamos as destrezas de expresión e comprensión orais , de expresión escrita e a interacción na primeira lingua estranxeira.

Unha experiencia tan satisfactoria para os rapaces que teñen ganas de repetir e vivir novas aventuras.

 

 

FOTOS NADAL

Este ano o festival de Nadal tivo coma protagonista ao “Apalpador”, unha personaxe propia de Galicia que se dedicaba a coidar nenos e nenas, ademais de encher o seu bandullo con castañas.

A primeira actuación correu a cargo dos nenos e nenas de 6º de Primaria, consistente en contar un conto, facer un baile e cantar unha canción vestidos de “apalpador”. De seguido actuaron os nenos e nenas de Infantil, primeiro os de 5º cantaron e bailaron a canción “Somos amigos”; despois os de 4º cantaron a canción “Fun ao mercado” e, finalmente os de 6º cantaron unha canción creada por eles e disfrazados de planetas. Seguidamente, viñeron as actuacións de toda Primaria: os de 6º bailaron unha canción típica de Grecia; os de 1º cantaron a panxoliña “Na casa da miña avoa” e os de 2º “Xa me tardan estes magos”; a continuación os de 3º recitaron, entre todos, poesías das catro estacións; os de 5º cantaron e tocaron con flautas e percusión con vasos a canción de “Serenade”; e , finalmente, remataron coas actuacións os de 4º, primeiro tocando a “Polca da cereixa” con botellas de auga e despois facendo o baile da canción “Twelve days of Christmas”.

E, como remate do festival, a ANPA organizou a actuación da “Fada dos Soños”.

Distribuir contido


by Dr. Radut