Skip to Content

Blogues

DÍA DA PAZ

 

Este ano tivemos un día da Paz algo diferente pero igual de

divertido. Non fai falla que homenaxeémos a grandes

persoeiros, todos facemos a Paz cos nosos actos. A todos aqueles

e aquelas que contribuides activamente nesta pandemia, vai por vos.

GRAZAS

 

O PATIO QUE PENSAMOS

Dende a BIBLIOTECA propuséronvos un reto: "Deseñar o voso patio ideal". Foron moitas e moi interesantes as vosas aportacións. Picade no texto para ir o blog de BIBLIOTECA, tedes un video coas vosas propostas e explicacións:

 O patio que penSA-MOs

FELICITACIÓN DE NADAL DO CEIP SÁRDOMA-MOLEDO

Bos días familias: 

Xa que este ano quedamos sen FESTIVAL DE NADAL, todo o cole de SÁRDOMA-MOLEDO (as mestras e mestres, o persoal de cociña e conxerse, as cuidadoras de comedor e, sobre todo, as nenas e nenos), queremos desexarvos un BO NADAL! 

Picade na imaxe, esperamos que vos guste:

 

RECOMENDACIÓNS DA BIBLIOTECA PARA O NADAL

Picade na imaxe para visitar o Blog da Biblioteca. Tedes unha completa selección de recomendacións para o Nadal.

 

 

ROBOTIX LEGO SPIKE

O alumnado de 5º e 6º de Educación primaria está a disfrutar duns sets de LEGO SPIKE cedidos por ROBOTIX para traballar a Robótica e a Programación. Podedes ver o que están a facer picando na seguinte imaxe:

 

 

Tamén seguindo os blogues de:

PROGRAMACIÓN, ROBÓTICA, E.F. E PSICOMOTRICIDADE

 

REBULDEIROS DE SÁRDOMA

 

A nova chupipandi de 5°... xa está en 6°

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Dende o Blog da BIBLIOTECA propoñen para este día unha actividade moi interesante, premede na imaxe para acceder.

USO DA AULA VIRTUAL

Deixamos tres videos nos que explicamos o acceso a Aula Virtual, como crear un cartafol no noso escritorio e como adxuntar arquivos as tarefas da Aula Virtual:

ACCESO E TROCO DA CONTRASINAL NO AULA VIRTUAL

COMO CREAR UN CARTAFOL

COMO ADXUNTAR ARQUIVOS A UNHA TAREFA

 

 

NOVO BLOG DE PRIMEIRO

Xa temos un novo blog para 1º:

SAÚDO DA DIRECCIÓN, VÍDEOS EXPLICATIVOS E INSTRUCCIÓNS DE BROLI PARA O COMEZO DO CURSO

Bos días, tedes aquí catro vídeos, o primeiro cun saúdo da dirección e os seguintes cunhas instruccións básicas de como debemos circular polo centro e cales son os aseos que temos que empregar por curso: Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria e 4º,5º e 6º de Primaria, e tamén un cartel de BROLI!!!

 

HORARIO DE AUTOBÚS ACTUALIZADOS

HORARIOS DE TRANSPORTE ESCOLAR ACTUALIZADOS (SETEMBRO 2020)

PROTOCOLO COVID-19 NO TRANSPORTE ESCOLAR

 

 

HAI CAMBIOS DE PARADAS NA RUTA 2 POR OBRAS EN VÍA NORTE

 

Premede nos archivos adxuntos.

BENVIDA O CURSO 2020/2021

Preme na imaxe para acceder a presentación

GUÍA RÁPIDA PARA O CURSO 2020-21

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO CONTIDO

DESPEDIDA DO CURSO

Ola, dende o Centro queremos enviar unha mensaxe cargada de optimismo e amizade e agradecervos o voso traballo e comprensión nestas últimas datas, tanto ás nenas e ós nenos coma ás familias. Picade na imaxe e mirade a sorpresa que dirixiu Mónica, esperamos que vos guste (tamén sae SusoSorriso).

RETO MÁXICO DENDE A BIBLIOTECA

O pasado día do libro dende a biblioteca propuxéronnos un reto máxico, ser científic@s!! Segundo o lema anual da biblioteca: "Maxia, nada é o que parece!, pedimos,  a vosa colaboración en forma de vídeos e a resposta foi magnífica! Mención especial para 3º de E.P.

Aquí os deixamos o enlace ao blog da biblioteca.

Todas estas iniciativas son por e para vós!

Moitas grazas, sodes xeniais!

Preme enriba de Broli

Distribuir contido


by Dr. Radut