Skip to Content

Blogues

ENTROIDO 2022

PREME NA FOTO PARA VER O VÍDEO. BO ENTROIDO A TOD@S!!!

DÍA DE ROSALÍA

PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO

MOI IMPORTANTE, ENLACE O AUTOREXISTRO EN CASO DE AUTOTEST POSITIVO

Bos días, picando na imaxe entramos no enlace para a:

Declaración responsable de autotest positivo

 

 

Esta declaración tan so debe cubrirse en caso de resultado positivo. É importante cubrila para axilizar os trámites segundo o novo protocolo.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Felicitación Nadal

 

Premede na árbore para acceder á felicitación e FELICES FESTAS!

AVISO MOI IMPORTANTE !!!

 

MOI IMPORTANTE!!!

O DEPARTAMENTO DE VÍAS E OBRAS DO CONCELLO DE VIGO VEN DE PINTAR UN NOVO PASO DE PEÓNS DIANTE DO CENTRO, DO QUE NON TÍÑAMOS COÑECEMENTO ATA HOXE AS 16:30,  O QUE CONLEVA UN TROCO NAS PARADAS DE AUTOBÚS E DOS ESPAZOS DESTINADOS A DEIXAR E RECOLLER O ALUMNADO QUE ACODE EN TRANSPORTE PARTICULAR.

É POR ISTO QUE VOS PEDIMOS RESPETEDES A NOVA SINALIZACIÓN E ESPAZOS EN BENEFICIO DE TODOS, SOBRE TODO DAS/DOS VOSAS/VOSOS FILLAS/FILLOS.

PERDÓN POLO APURADO DO AVISO, PERO NON TIVEMOS COÑECEMENTO DESTAS ACTUACIÓNS ATA HOXE AS 16:30.

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.

O EQUIPO DIRECTIVO.

 

 

 

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA: "DE SÁRDOMA A SANTIAGO"

Picade na imaxe para acceder o Blog da Biblioteca onde temos o video da inauguración da Biblioteca no curso 2021-22, "DE SÁRDOMA A SANTIAGO":

 

BENEFICIARIOS DO REPARTO DE MASCARAS ENTRE O ALUMNADO.

Informamos de que ten sido publicada a: ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).


O alumnado beneficiario de axuda de material escolar tera dereito a elas directamente, non tendo que presentar solicitude.

O alumnado que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero: 

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

Deberá presentar unha solicitude no centro docente onde estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) que figura na convocatoria.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

No ficheiro adxunto tedes a convocatoria. 

 

AVISO: TROCOS NA PARADA NÚMERO 8 DA LIÑA 1 POR OBRAS

Por mor das obras a PARADA 8 DE GREGORIO ESPINO do Bus 1, localizarase, tanto a ida como a volta, na parada de Vitrasa que hai xusto en fronte (a carón da cafetería Vicus e a tenda A Finestra). O cambio farase efectivo o vindeiro martes 16 de novembro.

Moitas grazas.

O Equipo Directivo.

TROCOS PARADAS LIÑA 2 BUS!!!

Estimadas familias:

Tras meses de obras o vindeiro mércores día 17 a liña 2 de transporte escolar voltará a súa ruta orixinal por Vía Norte, coas paradas de Igrexia de Fátima e o Antigo Centroxogo (Vía Norte nº 34 fronte ao Taller na parada de Vitrasa). Dende a empresa Estévez a coidadora irá estes días tamén informándovos as familias do cambio. Os horarios seguen a ser os mesmos que están na páxina web do colexio.

Un saúdo.

O Equipo Directivo.

Distribuir contido


by Dr. Radut