Skip to Content

 

                           

EDLG 2020/21

Cadros famosos

Os nenos e nenas de 5º de primaria fixemos unha viaxe virtual polos museos do mundo para admirar as obras de arte.

Este foi o noso traballo

 

Día do reciclaxe

O 17 de maio celebrouse o Día da reciclaxe. Debido a que é unha labor moi importante que todos debemos adoptar, é fundamental inculcalo nos máis pequenos.

Por iso, Celia Fernández comparte esta  ligazón  que elaborou sobre este día e a importancia da reciclaxe, así como un  drag  and  drop no que poderedes xogar a reciclar!

 

O día de Europa

Este domingo, 9 de maio celébrase o día de Europa. Celébrase a paz e a unidade do continente europeo. A data é o aniversario da histórica declaración de Schuman. Nun discurso pronunciado en París en 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, no que expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política en Europa que fixese impensable unha nova guerra entre as nacións europeas. A proposta de Schuman considérase o comezo do que é hoxe a Unión Europea

  

Creación da Unión Europea. De bertacastrovalino

 

Muller tiñas que ser

O alumnado de 5º e 6º realizaron unha visita o concello de Becerreá para ver a exposición fotográfica "Muller tiñas que ser"

 

                                     

 

Día contra el acoso escolar

O día 2 de maio conmemoramos o Día Internacional contra o Bulling/Acoso escolar.

Neste día debemos facer conciencia e fortalecer os valores dos nenos e nenas para eliminar a violencia nas escolas. 

Día da Terra

CONSERVAR A BIODIVERSIDADE É CRUCIAL PARA O CUIDADO DA TERRA E DOS SERES HUMANOS. POR ISO, HOXE, 22 DE ABRIL CELEBRAMOS O DÍA DA TERRA PLANTANDO UNS XIRASOLES. COIDAREMOS DELES E VERÉMOLOS CRECER.

"A mellor herdanza que lle podemos deixarlle aos nosos fillos é amor, coñecemento e un planeta no que poidan vivir"

 

 

Doodle de google

SEMANA DA PRENSA

O alumnado de 6ºEI descubre o espazo, o sistema solar e as fases da Lúa usando as letras do xornal.

Distribuir contido


by Dr. Radut