Skip to Content

 

                           

EDLG 2020/21

SEMANA DA PRENSA

Os nenos de 4º de Educación Infantil buscan as letras do seu nome nos diarios. Encántanos aprender!!!


DÍA DA MULLER

Escribimos o nome da muller máis importante da nosa vida. 

Día de Rosalía

En todas as nosas aulas se celebrou o día de Rosalía por todo o alto!

 

Álbum: Celebracións 20/21 -> Rosalía

Día da Lingua materna

Este domingo 21 celebramos o Día da Lingua Materna

Actividade de dinamización lingüística que se emitirá a través de internet

Puño,  puñete, de  Baobab Teatro, é unha orixinal proposta dirixida a nenos e nenas de 1 a 7 anos e ás súas familias, que está orientada a ofrecerlles a estas recursos para cantar e contar en galego cos seus fillos e fillas. Ao mesmo tempo, combinando as rimas, as cantigas e os contos, convida os nenos e cativas a descubrir un mundo de sensacións e de emocións a partir xogo tradicional -Puño,  puñete, que tes por dentro? -Pan e fermento! -Puño,  puñete, que tes por fóra? -Pan e cebola!?

ÁS 11:00 desde a Cidade da cultura de Galicia. Pódelo seguir aquí en streaming:  https://bit.ly/3uau7Ie

 

Felicitación de Nadal 2020

 

 

 

Mensaxe navideño do alumnado de 6º

O alumnado de 6º de primaria fai unha reflexión sobre o vivido estes meses 

 

Pinchade na imaxe para ver o vídeo

Contacontos de Paula Carballeira

Tivemos a sorte de recibir a Paula Carballeira, unha contacontos moi especial, grazas á participación no concurso de Tíralle da Lingua no que participou o alumnado de 5º de Primaria. Encantáronnos as súas historias de medo...... Guiño

 

Día da Discapacidade.

Hoxe, 3 de decembro celebramos o Día da discapacidade

Cada un de nós é como unha flor, co seu aroma, cor e textura únicos, todos igualmente fermosos.  Iso si, aínda que sós sexamos xa belos como esas flores que emprego como metáfora, só xuntos podemos chegar a conformar un  lustroso xardín.

Sexas como sexas, teñas as diferenzas que teñas, non te esquezas nunca de abrir o maior regalo que che deu e darache xamais a vida: ser ti mesmo.  Ámache sen condición, ama a túa perfecta imperfección e sal aí fóra a xogar e, por suposto, a non renderche nunca.

PINCHADE MA IMAXE PARA VER O VÍDEO

 

 O CAZO DE LORENZO

 

 

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero 2020

CANCIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Alumnado de 5° e 6°

 

 

 

     

Yo voy conmigo, de Raquel Díaz

A unha nena gústalle un neno, pero o neno non se fixa nela, non a mira. Que facer? Os seus amigos aconséllanlle de todo: que se quite as coletas, as lentes, o sorriso, as pencas, as ás, que non sexa tan  parlanchina. O neno por fin fixouse nela, pero, con tanto quitar, ata se foron os paxaros da súa cabeza. E a nena dáse conta de que xa non é ela e decide recuperar as súas coletas, as súas lentes, o seu sorriso, as súas pencas, as súas ás, as súas palabras...

 

SUPERLOLA Pesquero Rubio, Yolanda ; Muñoz Berraquero, Juan Antonio

 Reflexionamos co alumnado sobre o valor da igualdade, o respecto á diferenza e a resolución pacífica de conflitos, a liberdade, o compañeirismo, a autoestima, a autonomía e o empoderamento, o gusto pola lectura, a libre expresión de emocións e as relacións afectivas saudables e igualitarias.

Distribuir contido


by Dr. Radut