Skip to Content

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS. XORNADA ÚNICA

Como sabedes, o pasado martes 28 de xaneiro fostes convocados a unha reunión informativa para dar a coñecer o proxecto de xornada única proposto polo centro. Sendo conscientes de que, aínda habendo gran asistencia, moitos de vós non puidestes asistir, aquí tedes un resumo do que se falou en dita reunión.

En liñas xerais, ademais do que contén este documento, dicir que o punto básico da proposta  é manter o que xa temos, como o horario das 16:00 para a saída de buses e que á marxe disto, se introducen opcións que non temos agora mesmo e poden ser ventaxosas para parte importante das familias:

  • Posibilidade de que os nenos e nenas vaian a actividades culturais na zona que por agora non son viables por ter que voltar para comer ás 13:00h
  • Tres posibilidades máis nos horario de saída que agora mesmo non temos.
  • A posibilidade de actividades gratuítas no centro 3 días á semana de 16:00 a 17:00

IMPORTANTE: Tal e como se explicou e se indica na información exposta aquí, o resultado da vosa votación será sobre o total de censo,non por maioría, o que supón que as familias que non voten estarán dando un voto negativo.

A NORMATIVA CORRESPONDENTE A ESTE PROCESO ESTÁ RECOLLIDA NA ORDEN de 29 de maio do 2008  (DOG do 6 de xuño do 2008)

 



page | by Dr. Radut