Skip to Content

ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2019/2020

ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2019-2020

NORMATIVA. Orde do 12 de marzo de 2013 da Consellería de Educación e O.U. pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no 2º ciclo de Ed.Infantil e na E.Primaria (D.O.G. do 15/03/13) e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria (D.O.G. do 01/02/17). (Pódense consultar no taboleiro de anuncios do centro)

POSTOS ESCOLARES: Recóllense na táboa de vacantes recollida da proposta incluída na aplicación informática:admisiónalumnado.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS:  4 rutas de Transporte Escolar e Comedor Escolar (regulado polo decreto 132/2013, do 1 de agosto de 2013, da Consellería de Cultura, Educación e O.U.)

PRAZOS:  

  • Presentación de solicitudes de admisión: do 1 ao 20 de marzo de 2019.
  • Presentación de documentación acreditativa dos criterios a baremar: do 25 de marzo ao 5 de abril de 2019.
  • Publicación de listaxes provisionais de admitidos/as: até o 25 de abril de 2019. Poderase presentar reclamación perante o Consello Escolar nos 5 días hábiles posteriores á publicación da listaxe provisional de admitidos/as.
  • Publicación da listaxe definitiva de admitidos/as: antes do 15 de maio do 2019. Contra esta listaxe poderase presentar recurso de alzada perante o/a  titular da xefatura territorial no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño de 2019.

NOTA INFORMATIVA:  

Lémbrase aos/ás solicitantes:

  1. Que (conforme ás instruccións da Consellería de Cultura, Educación e O.U.) a solicitude axustada ao modelo oficial ANEXO II será única e presentarase no centro que se solicite en primeiro lugar. O feito de presentar máis dunha solicitude conlevará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle
  2. Que o alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
  3. Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

PARA DESCARGAR O ANEXO II PREMA  AQUÍ

Outra documentración a entregar é:

DNI de pai e nai.

Fotocopia do libro de familia.

Certificado de empadronamento.

Calquera outro documento que se aporte para alegar puntuación no baremo, de ser o caso.

 

 

AdxuntoTamaño
ED550B-G.pdf1.13 MB


page | by Dr. Radut