Skip to Content

Reflexións

COMO AFRONTAR O FRACASO

As moedas teñen sempre dúas caras. Neste caso, o éxito e o fracaso son a cara e a cruz cos que hai que aprender a convivir porque forman parte da vida.

Aceptar os fracasos e as situacións adversas precisa unha aprendizaxe por parte dos pequenos que os pais podemos ensinar se seguimos unhas pautas:

1. Non darlle todo feito: se se lle facilita todo ao neno e non se lle permite facer as cousas por sí mesmo, é difícil que poida equivocarse e aprender, así, a enfrentarse ao fracaso.

A IMPORTANCIA DA INTELIXENCIA EMOCIONAL

O profesor e investigador Howard Gardner, premio Príncipe de Asturias, coa súa teoría das intelixencias múltiples, "obriga" aos ensinantes a aspirar a modelos de ensinanza máis flexibles. Vén a dicirnos que calquera persoa conta con múltiples intelixencias -lingüística, lóxico-matemática, espacial, musical, corporal, naturalista, intrapersoal e intrapersoal-e non todos temos , naturalmente, o mesmo nivel de desenvolvemento en cada unha delas.

XOGO E DESENVOLVEMENTO DA INTELIXENCIA

 

A aprendizaxe de xeito ameno, estimulante e divertido ten mais posiblidades de   ter éxito. O contido simbólico dos xogos constitue a base mesma da intelixencia humana.

A través do xogo os pequenos medran, forman a súa personalidade e aprenden a coñecer o mundo e a enfrentarse a el.

A crise de valores e a falta de interese preocupa ao profesorado

Nun informe que publica un sindicato do ensino sobre o perfil do profesorado e os seus intereses, resáltase que a crise de valores e a falta de esforzo e interese do alumnado son dous dos problemas que máis preocupan aos docentes, aos que se suma a falta de apoio das familias e a burocratización da Ensinanza.

Noutros artigos publicados na prensa diaria e especializada podemos ler a miúdo casos de violencia entre os alumnos, de estes cara ao profesorado, dos pais cara ao profesorado...

"Manos que no dais, ¿qué esperáis?"

            Así reza un vello refrán para significar que non esperemos recoller se non sementamos previamente.

Referido á educación, moitas veces do lado do profesorado oénse queixas de que o alumnado non é capaz de organizar o traballo, de buscar información, non é creativo, non se esforza, non se detén a pensar antes de actuar, non ten destrezas para realizar traballos en equipo, non identifica as dificultades, non planifica un proceso de solución de probelmas, non ten hábitos de traballo...

Mellorando o rendemento escolar

No éxito e/ou fracaso escolar interveñen múltiples factores; un deles, e con bastante peso por certo, vén a ser a metodoloxía de traballo empregada nas aulas. Dúas desas metodoloxías que propician un cambio positivo no rendemento escolar son:

"Adquisición dos hábitos de autonomía"

(Información sacada do artigo "Yo solito: hábitos de autonomía infantil" publicado na páxina de EROSKI CONSUMER e asinado por Marta Vázquez-Reina)

Adquirir o control do propio corpo é un proceso progresivo e complexo, proceso no que os nenos e nenas pasan da dependencia dos adultos á autonomía. Este control non se desarrolla do mesmo xeito nin ao mesmo tempo en todos os nenos, senón que depende en gran medida do ritmo de madurez particular de cada un.

Distribuir contido


  

by Dr. Radut