Skip to Content

Mellorando o rendemento escolar

No éxito e/ou fracaso escolar interveñen múltiples factores; un deles, e con bastante peso por certo, vén a ser a metodoloxía de traballo empregada nas aulas. Dúas desas metodoloxías que propician un cambio positivo no rendemento escolar son:

  •  Os Grupos Interactivos de aprendizaxe cooperativo (GI)
  • e, os Traballos por proxectos.

Os Gi consisten en colocar ao alumnado dunha titoría en grupos de catro ou cinco, dividindo o tempo total da clase polo número de grupos, de maneira que cada actividade planificada teña unha duración de 15 ou 20 minutos respectivamente. O número de adultos para atender esta clase pode ser dous, tres ou máis, sendo o titor ou titora a persoa de control. Pasados os minutos, os adultos rotan para atender todos a todos. Así as actividades diversifícanse para manter en todo momento a motivación e a expectación. Cada grupo realiza unha actividade concreta e dispón dunha persoa adulta para dinamizala. Aínda que as actividades a realizar sexan diferentes, han de ter entre sí unha relación temática.

Os traballos por Proxectos teñen os seguintes obxectivos:

- Favorecer un cambio metodolóxico na forma de abordar o proceso de ensino-aprendizaxe.

- Fomentar o papel do alumnado como suxeitos activos na súa aprendizaxe.

- Favorecer a súa capacidade de selección e procesamento da información.

- Motivar o seu interese cara aos contidos curriculares.

- Abordar o currículo de forma integral e non parcelada por áreas.

- E, por último, a posibilidade de analizar as prácticas educativas con grabacións.

 

D. Orientación

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



  

page | by Dr. Radut