AULA DE PSICOMOTRICIDADE

Grazas á colaboración económica do Concello e da APA do Centro, e grazas a que podemos contar co esforzo e traballo  de  Xaquín, o Conserxe, continuamos  mellorando as instalacións e equipamento do Colexio: Este curso  estreamos unha nova aula de psicomotricidade, moito máis amplia que a que tiñamos e, en consecuencia, moito máis funcional.

SUBVENCIÓN MATERIAL DEPORTIVO

O Concello de Boiro, a través da Concellalía de Deportes, vén de conceder a este Centro unha subvención de 225 euros para material deportivo. Parte desta cantidade investirase na elaboración do material preciso para practicar o xogo dos bolos, xogo que intentamos recuperar co apoio dos técnicos de deportes do Concello, especialmente de Eugenio Rodríguez, "Geno". 

LIBROS DE PRIMARIA

CADERNILLO INFORMATIVO

Distribuir contido