Skip to Content

Actividades

Baixo o mesmo paraugas

 

 Ola familias!

Vigo e o CEIP San Salvador de Teis baixo o mesmo paraugas pola diversidade.

Deixámosvos este vídeo, sumándonos á iniciativa do Concello, de como conmemoramos no cole o día 3 de decembro como día Internacional das persoas con discapacidade.

 

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS CATIVOS/AS

Bo día!

Da volta de Semana Santa vimos coas pilas cargadas e co bo tempo, animámosvos a participar cos máis cativos/as da casa das actividades da Biblioteca "Juan Compañel" de Vigo.

Clickade no enlace e elixide a cales queredes ir:

ESCOLAS DE PAIS-NAIS, Plan Comunitario

Continúan as xornadas para pais e nais, organizadas dende o Plan Comunitario de Teis.

Animádevos a asistir!!

ESCOLA DE NAIS-PAIS

Bo día!

Hoxe tedes a oportunidade de asistir a unha das xornadas que dan comezo, organizadas  polo Plan Comunitario de Teis.

Estas xornadas abordarán temas de actualidade e que concirnen ás familias, polo que vos animavos a que participedes delas.


Tedes a información completa no documento adxunto.

 

MERGULLÉMONOS NA REDE!

Estimados pais,

Convidámosvos a asistir a unha xornada formativa sobre as Redes Sociais e o manexo de Internet.

Trataremos temas de actualidade e abordaremos cuestións sobre as que todos deberíamos ter coñecemento.

Contaremos coa presenza do director do IES de Teis para coñecer de primeira man a realidade nesa etapa e poder previr actitudes non adecuadas.

Agardámosvos o martes 31 ás 16:00 horas. 

Volta ao cole, volta a novas experiencias

Neste 2017 invitámosvos novamente a que aproveitedes as actividades que vos ofrece a Biblioteca Pública Nodal, situada no casco histórico. Tedes numerosas actividades que os máis cativos poden desfrutar. Consultade en actividades, no desplegable do apartado infantil e xuvenil neste enlace:

BIBLIOTECA PÚBLICA JUAN COMPAÑEL

Tamén vos animamos a que pasedes tempo nela e vos mergulledes no mundo dos libros.

 

Volta ao cole!!!!

INTERESANTE ARTIGO...

 

Deixámosvos o enlace a un artigo que é moi interesante, a partir do que podemos reflexionar todos sobre o cambio socio educativo que se esta a producir. 

Os nosos cativos son o noso futuro, fagamos deles persoas autónomas, responsables, sás e que saiban convivir consigo mesmo.  

PERIGOS DA HIPERPATERNIDADE

BOA PONTE!

ANIMÁDEVOS!

APROVEITADE!

A biblioteca pública de Vigo, Juan Compañel, ten moitas actividades ao longo do ano nas que os pequenos poden participar!

Obradoiros, xornadas, talleres... E tamén para os adultos!!!

Aquí podedes descubrir algo do que vos ofrecen.

http://bibliotecas.xunta.gal/vigo/

Periodicamente iremos publicando actividades que vos poden interesar.Risa

 

O CASTIGO

Como algúns/as compañeiros/as mostráronse interesados/as sobre o exposto na charla sobre castigo,no arquivo adxunto tendes toda a información.


 

Distribuir contido


by Dr. Radut