Skip to Content

Blogues

DÍA DO PREMIO

O sábado foi un día memorable. Recolleron o 1º premio e gozaron coa exposición do noso cole e das dos demais coles que participaron e de todas as actividades.

 

DIFUSIÓN :)

Os periódicos recollen o labor, as actividades e iniciativas do noso cole!

 

1º PREMIO VOZNATURA

SOMOS 1º PREMIO VOZNATURA!!

 

GRAZAS!

 

Noraboa a todos os que participaron tan activamente, compañeiros e compañeiras do cole que sen o voso esforzo non sería posible!

Todo para que poidamos aproveitar o noso entorno e aprender do que temos arredor

(e máisRisa).

Moitas grazas!

FESTA VOZNATURA


Temos o gusto de convidarvos á Festa Voznatura, no Parque Deportivo Acea de Ama, en O Burgo, Culleredo, onde exporemos parte do traballo polo que nos outorgaron o 1º PREMIO VOZNATURA.

Poderedes gozar con moitas actividades e teredes un día inesquecible.

Exposición VoznaturaExposiciónExposiciónExposición

Menú Maio

Aquí tedes o menú de maio do comedor; que aproveite!

ACTIVIDADES PARA OS MÁIS CATIVOS/AS

Bo día!

Da volta de Semana Santa vimos coas pilas cargadas e co bo tempo, animámosvos a participar cos máis cativos/as da casa das actividades da Biblioteca "Juan Compañel" de Vigo.

Clickade no enlace e elixide a cales queredes ir:

Menú Abril

Como cada mes, deixámosvos o menú mensual.

Aquí tedes o de abril.

ESCOLAS DE PAIS-NAIS, Plan Comunitario

Continúan as xornadas para pais e nais, organizadas dende o Plan Comunitario de Teis.

Animádevos a asistir!!

Menú Marzo

Como cada mes, deixámosvos o menú mensual.

Que aproveite!

 

ESCOLA DE NAIS-PAIS

Bo día!

Hoxe tedes a oportunidade de asistir a unha das xornadas que dan comezo, organizadas  polo Plan Comunitario de Teis.

Estas xornadas abordarán temas de actualidade e que concirnen ás familias, polo que vos animavos a que participedes delas.


Tedes a información completa no documento adxunto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut