Proxecto Abalar

CONSULTA DE CUALIFICACIÓNS

Recórdarlles que como mencionábamos na última nova publicada na web está operativo o EspazoAbalar Familias no apartado para as familias para a consulta de cualificación e faltas dos seus fillos/as. Lembramos a necesidade de contar cun certificado dixital ou ben con D.N.I. electrónico, para acceder á mencionada aplicación. Para ter máis información deste apartado ver EspazoAbalar Familias.

Conectividade-pinchos préstamos de equipamento.

Volvendo ao Proxecto Piloto de Libros Dixitais salientar polo miudo os pasos dados a partires do comezo do mesmo. A final de setembro dispuxemos das licenzas dixitais para que o alumno traballase co seu libro. Neste intre o principal atranco era solucionar o problema do alumnado sen conectividade nas suas casas. A finais de novembro a Consellería dotou de pinchos 3G para ter esa conectividade. Desde o Centro se elaboraron uns pinchos nos que o alumnado dispoñ dos libros dixitais ademais de telos no seu ultraportátil. Eiquí sinalar a problemática do Libros de Inglés que non dispoñemos de contidos fora de liña. Salientar que ata o de agora non temos resposta satisfatoria por parte da editorial e estamos a arbitrar solucións de cara ao segundo trimestre.

Novas aulas

Inclusión de novas aulas. A atención hacia as tics non é soamente por causa do Proxecto Abalar. Coma xa sabedes os nosos nenos desde os tres anos teñen unha sesión semanal na aula de informática que pouco a pouco va familiarizándoos coas novas tecnoloxías ou como indica a nova lexislación adquirindo competencias dixitais. Este traballar curso a curso facilita que cando o alumno chega aos ciclos de primaria xa ta teñen o hábito de traballo cos equipos informáticos que permiten usalos para traballar nas diferentes competencias básicas.
Por este motivo e a traves da Aula Virtual da páxina web creamos  aulas de traballo para que o alumnado traballe con elas.
Ademais utilizamos esta ferramente para alumnado con necesidades educativas especiais.
Fóra da labor docente a aula virtual tamén se utiliza por parte do profesorado para dispoñer de toda a documentación do Centro.

Libros dixitais

Participación no proxecto de libros dixitais. Ao remate do curso 2010/11 a Consellería de Educación ofrece ao Colexio formar parte dun programa piloto de libros dixitais en 6º Nivel, Esto supón a eliminación do libro-papel e pasar a utilizar o libro dixital. Sendo conscientes das dificultades que podiamos atopar (conectividade, equipamento informático do alumnado nos seus domicilios, etc) aceptamos a proposta e así pasamos a formar parte dun  pequeno grupo de 9 centros de ensinanza de Galicia que están a traballar con este Plan Piloto.
Pasou case un trimestre e as sensacións son que pese aos atrancos atopados, pouco a pouco imos superándoos e, que ao remate do curso poderemos facer unha avaliación satisfactoria, tanto na implantación do programa coma nos resultados académicos do noso alumnado que ao fin é o que realmente nos importa.

Inicio do proxecto

Desde o curso 2010-11 o centro forma parte do proxecto Abalar. Despois de varios anos tendo como obxectivo a formación do noso alumnado nas novas tecnoloxías, xurde na Consellería a convocatoria para formar parte do Proxecto Abalar. Desde o primeiro momento pensamos que sería un proxecto punteiro en consonancia cos nosos obxectivos e acordamos solicitalo. O demás xa forma parte da nosa actualida: entramos a ser Centro Abalar na primeira convocatoria e agora o alumnado de 6º nivel está a punto de cumplir un ciclo dentro do Proxecto. Este curso incorporáronse os alumnos de 5º Nivel e agora mesmo todo o terceiro ciclo (4 aulas) contan cunha completa equipación informática.

Powered by Drupal - Design by artinet