DEVOLUCIÓN DE MATERIAL E NOVAS TAREFAS.

De acordo coas instrucións publicadas na Web da Consellería o pasado día 20 procedemos a organizar a ENTREGA DE MATERIAL DO ALUMNADO.

Lembren que debemos facelo seguindo as normas establecidas, por iso fixamos quendas de recollida e diferentes zonas de acceso ao centro a fin de garantir a seguridade de todos e todas.

PREGAMOS QUE,  na medida do posible, ACUDA AO CENTRO UN SÓ MEMBRO DE CADA FAMILIA.

Ademais, se alguén ten mochila viaxeira na casa, por favor, que aproveite para traela.

- A devolución organizarase da seguinte maneira.:

1º A, 3º A e 5º A o xoves de 10 a 12 horas.
1º B, 3º B e 5º B o xoves de 12 a 14 horas.
2º A, 4º A e 6º A o venres de 10 a 12 horas.
2º B, 4º B e 6º B o venres de 12 a 14 horas.


- As familias de 1º e 2º  entrarán polo patio rodeando o edifico prinicpal e accederán ás aulas a través da porta traseira.
- As familias de 3º e 4º entrarán pola porta principal.

- As familias de 5º e 6º accederán polo patio, rodeando o edificio principal e cruzando o patio cuberto para acceder ás aulas correspondentes.

Poñeremos indicacións para que non teñades pérdida. 

 

Aproveitamos para dicirvos que tedes á vosa disposición nesta web a adaptación das programacións do terceiro trimestre seguindo as instrucións de inspeción educativa.

 

 

AdxuntoTamaño
TAREFAS 25-31 MAIO.4º EP..pdf102.59 KB
SOLUCIONARIOS 19-24 MAIO.4º EP.pdf182.38 KB
2º primaria.pdf 25 de mario.pdf1.93 MB

Powered by Drupal - Design by artinet