30 de xaneiro. DÍA DA PAZ

      Día 30 de xaneiro e, como non podía ser doutro xeito no noso colexio celebramos o día da Paz.  

 Todos sabemos que a paz non pode ser cousa dun día, claro que non! Pero é o día no que nos paramos a reflexionar un chisco máis, xuntámonos todos para por en común os nosos sentimentos publicamente, pero o noso desexo é que a paz se faga dona do mundo e dos corazóns dos seus habitantes cada un dos 364 días do ano.

   

No San Marcos traballamos durante un par de semanas neste tema. Especial relevancia tiveron este ano as reflexións que se fixeron nas aulas sobre un tema de tal actualidade coma o dos problemas dos refuxiados.

Hoxe enchemos o noso mural cun poema cheo de bos desexos e de pequenas mans de moitas cores coa ilusión de que as nosas intencións acaden o seu lugar no mundo de aí afora.

Tamén cantamos todos xuntos no patio, todos, dende os máis pequeniños ata os máis grandes, e todos pedíamos o mesmo, PAZ.

Lembrade que, coma sempre, tendes máis fotos na nosa galería.         

Powered by Drupal - Design by artinet