MAIO

Outro mes cheo de actividades que, como sempre, queremos compartir con vós.

Empezamos coa presentación que fixeron catro alumnas de 6º A do libro Contos de contar. Animáronse a ler este libro a todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil e de 1º ciclo . Presentaron unha serie de 23 poemas breves nos que narraban pequenos actos cotiáns que cada personaxe do conto realizaba ao longo do día. Completaron esta actividade cun power point realizado por elas mesmas e presentaron ao seu público outros libros do mesmo estilo ou colección animándoos a buscalos na biblioteca

 

   

Un grupo de alumnos de terceiro realizaron unha dobraxe en inglés que fixo as ledicias do público. 

   

Os nenos e nenas de tres anos deixáronnos a todos coa boca aberta coa súa representación de "Unha eiruga moi larpeira"

   

Non podemos esquecer que este mes de maio é o mes das letras galegas e os nenos e nenas de Educación infantil celebrárono con gran intensidade. Recibiron unha carta da benquerida Rosalía de Castro contando cal era o motivo deste día tan especial e invitando a todos a investigar sobre a figura de Manuel María, e eles, como teñen moitas inquedanzas e son moi traballadores... a iso se puxeron. 

Recitaron poemas como "A fala" ou "Señor Gato" e tamén viron un video sobre a vida de Manuel María que fixo a clase amarela. Para rematar a festa fixeron un concerto de musica tradicional no que cantaron varios poemas musicados de Manuel María.

   
   

E tamén no club lector fixemos algunha cousiña. Este mes, por fin , adicamos unha semana ao teatro, e fixemos as nosas interpretacións dos contos nos que traballamos todo o trimestre :El patito feo e Cenicienta

Powered by Drupal - Design by artinet