ABRIL

O mes de Abril foi un mes de gran actividade na nosa biblioteca porque non podemos esquecer que é o mes do libro por excelencia, xa que o día 2 celébrase o día Internacional do libro infantil e xuvenil e o día 23 celébrase o día Internacional do libro e dos dereitos de autor.

Por este motivo contamos cunha visita moi especial: Tucho Calvo . Ademáis de ser escritor sabe moi ben qué ocorre antes de que un libro chegue ás nosas mans, todos os procesos polos que un texto debe pasar e que nos axudaron a comprender canto traballo hai tras unha obra literaria .

Grazas Tucho, polo teu tempo e a túa entrega.

 

Tamén tivemos este mes outra visita moi especial , a dun historiador de Presedo que dirixe o Museo das Mariñas de Betanzos e que visitou a nosa biblioteca para afrontar as preguntas de 44 nenos e nenas de 4ºcurso . Alfredo Erias demostrou que, ademáis de ser un gran artista, tamén sabe saír airoso ante a entrevista dos alumnos e alumnas do San Marcos.

Grazas Alfredo!!

 

 

 Aló pola primeira semana de abril a orientadora , xunto cun grupo de alumnos e alumnas de 5º e 6º prepararon unha representación un tanto especial na que se escenificaban vivencias cotiás . A idea era ver como ás veces nos vemos inmersos en situacións conflictivas que non deberían de selo, así que tratamos de buscar as diferentes razóns que poden levar a elas e reflexionar sobre o xeito de solventalas ou, aínda mellor, evitalas.

   

 

 E como seguimos co proxecto das nosas raíces celtas, a profe Carina preparou un power point sobre o significado dalgúns dos símbolos celtas máis coñecidos . Foi moi interesante, e , se queredes, podedes velo no blog de Marquiños. Está en inglés, pero sempre é boa idea practicar un pouco!!

 

 

 

A partir da lectura dunha serie de lendas tradicionais galegas xurdiu entre o alumnado de 6º A a idea de combinar este tipo de manifestación literaria co imaxinario popular "recente", centrándose nesas historias e rueores que se coñecen como "lendas urbanas". Así, organizados en grupos, fixeron un traballo de investigación na rede coa finalidade de atopar diferentes histoiras maioritariamente escabrosas ou terroríficas que logo presentaron aos seus compañeiros.

   

 Alumnos e alumnas de 5º A fixeron un traballo chamado "Sobre nós" no que falamos dos medos que cada un pode sentir, por que e como vencelo

 

 

 

Ademáis houbo outras cousiñas, como a pequena obra teatral que preparou a profesora Sofía con nenos e nenas de distintos niveis con diálogos inventados polo alumnado a partir do poema "A bruxa Curuxa" , de Gloria Sánchez. Ou o recitado de alumnos de 5º B que memorizaron poemas de "Soños na gaiola", de Manuel María, para recitar no tempo de ler a grupos de 1º e 3º.

Para Maio... máis cousas!!!

 

Powered by Drupal - Design by artinet