Saltar navegación.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

        

 O pasado xoves, 14 de maio, celebramos coma tódolos anos o Día das Letras Galegas. Nesta ocasión estivo dedicado a Ramón Piñeiro porque foi un home que defendeu a lingua e a cultura galegas. Despois do recreo tivemos o Festival e pasámolo moi, moi ben.

  En primeiro lugar cantaron dúas cancións os nenos de educación infantil. Estiveron moi graciosos e os pais, nenos e mestres  aplaudironos moito.

  Os dos catro primeiros cursos de primaria recitaron poesías, cantaron e puxéronnos adiviñas. Tamén o fixeron moi ben.

   E por último actuamos os de 6º e 5º: presentamos o festival, fixemos unha semblanza de Ramón Piñeiro, cantamos unhas regueifas e representamos unha obra de teatro: " Esta si que che é desgraza" de Fina Casalderrey. O escenario estaba moi bonito e  tiñamos un vestiario que nos quedaba ben. Aínda que estábamos moi nerviosos non nos saiu nada mal e gustoulle a todos.

  Nosoutros cando mellor o pasamos foi nas catro últimas semanas mentres estivemos ensaiando a obra de teatro polas tardes. Case sempre nos daban ataques de risa e todos viñamos moi contentos porque nos divertiamos  mogollón. Cando non ensaibamos tamén pintábamos carteis e murais. Na entrada do cole fixemos unha exposición de libros en galego para a que cada un trouxo o seu libro preferido. Vaia, que traballamos un montón e por riba os mestres non nos perdoaban nada e tiñamos que estudiar e facer as actividades coma sempre. Para nós foi o mellor festival.

                                                                                             

Alumnos e alumnas de 5º

Podedes ver mais fotos da actividade na galería de imaxes ou  premendo aquí