Saltar navegación.

REPARTO DE LEITE E FROITA FRESCA

Un ano máis participamos no programa Froita fresca e leite líquido na escola. Esta iniciativa realízase en colaboración coa Consellería de Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).

 

Consiste nunha campaña de concienciación para xerar hábitos saudables de consumo de froita e leite de forma habitual, ofrecendo de forma gratuíta ao alumnado produtos de tempada nos períodos de recreo.  Durante este curso contaremos con financiamento para distribuír durante vinte períodos froita e cuarenta leite líquido, distribuídos ambos en dúas quendas.  Pinchado na imaxe atoparedes máis información das quendas.