Saltar navegación.

25 de NOVEMBRO

O luns 25 de novembro do 2019, os nenos e nenas do colexio San Isidro, Maciñeira e do IES Fernando Esquío, fixemos polo paseo marítimo de Xubia unha marcha solidaria polo bo trato, co fin de que non haxa máis violencia contra as mulleres.

Despois fomos andando ata a Casa da Cultura de Neda. Alí, os nenos e nenas do colexio de Maciñeira fixeron unha bolboreta e cada un leu unha frase relacionada coa violencia machista. Despoios de ler as súas frases, pegáronas na bolboreta. Tamén tiñan uns avións de papel que lanzaron ao aire.

Nós fixemos un reloxo cunha caixa e nela puxemos uns desexos co fin de que non haxa máis violencia contra as mulleres. Logo fixemos unha actuación na que se amosaban situacións de parella. 

Os alumnos/as do Fernando Esquía leron unhas historias curtas sobre parellas, nas que ao final as mulleres eran felices. 

APRENDIMOS MOITO!!

 

(Alumnos/as de 6º de E.Primaria)