Saltar navegación.

Aí vén o maio

O pasado venres poidemos celebrar o día dos Maios no recinto de Albarón (Neda). Nenos, nenas e profes cargados de flores, tuias, laranxas e ovos fomos a decorar as árbores do recinto. Quedaron preciosas! Foi un día estupendo, cheo de novas aprendizaxes, cores e olores. 

Grazas ao Concello de Neda por contar con nós.