Skip to Content

Extraescolares e complementarias

CONCELLO DA CORUÑA: LISTAXES DE BOLSAS COMEDOR- CURSO 2023-2024

O Concello da Coruña infórmanos de que, dende o 17 de xullo de 2023,  está publicada no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello,a listaxe provisional de concesións e denegación das solicitudes de bolsas municipais de comedor  para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

Pódense consultar nas seguintes ligazóns:

 -   Taboleiro de edictos

-   Páxina web de servizos sociais

-   Taboleiros dos centros cívicos municipais

Máis información sobre trámites, prazo de alegacións, etc., no arquivo adxunto: Becas comedor.

MÚSICA E EVOLUCIÓN

O pasado luns o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a un concerto explicativo da man dos músicos Rosa e Pablo.

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer o porqué dalgúns roles do ser humano na sociedade explicado a través da música tradicional galega.

Todo, ao tempo que se informaban sobre a evolución dos instrumentos galegos que coñecen hoxe en día e da importancia da música na sociedade xa desde as orixes da humanidade e ata os nosos días.

A conclusión foi que a música abarca moitos ámbitos da nosa vida redundando con importantes beneficios en cada un de nós como seres humanos e en conxunto como sociedade.

Velaquí algunhas imaxes da actividade.

 

LETRAS GALEGAS

Ola! Estamos moi contentos de anunciar que o profesorado do equipo TIC preparou un Genially fantástico para celebrar o día das Letras Galegas! O Genially é unha forma interactiva e divertida de aprender. Esperamos que vos guste tanto como a nós.

A HORTA ESCOLAR: SEMENTANDO APRENDIZAXES

Comprácenos informar que no colexio continuamos a traballar no noso horto escolar. Este ano contamos coa participación e a iniciativa do proxecto "A HORTA QUE QUEREMOS", do Concello de A Coruña e a Fundación Repsol, a quenes queremos agradecer a súa colaboración neste labor.

A través deste proxecto, o noso alumnado está a aprender a cultivar as súas propias verduras e hortalizas, fomentando unha alimentación saudable e sostible. Ademais, están a adquirir habilidades valiosas no coidado do medio ambiente e o traballo en equipo.

Esperamos poder compartir pronto os froitos do noso traballo.

PROXECTO SEMENTE. PARTICIPAMOS OS DE 5º EP!!!

Onte, unha representación das cooperativas que creamos en 5º curso de EP, impulsadas polo Proxecto Semente, fomos ao Concello solicitar a licenza de venda dos nosos produtos.
Estabamos moi nerviosos pero saíu todo xenial.
Alí coñecemos a nenos e nenas doutros colexios. O acto celebrouse no Salón de Plenos, un lugar belísimo, case tanto coma nós, que fomos moi elegantes.
A alcaldesa felicitounos e animounos a seguir traballando porque o mercado xa será o vindeiro 19 de maio.
Queda pouco tempo e moito por facer.

Ademais Pablo Díaz Bouza entrevistounos para o programa "Hoy por hoy", de Radio Coruña. Mirade que ben falamos...

(Audio)
 

Seguiremos informando, querido colexio.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

ENTROIDO 2023

Aquí deixamos un recordo do paseo artístico do noso entroido. 

</div

DESCUBRINDO O MUNDO DA ARTE

Este ano, na aula de 4ºA aproveitamos o entroido para traballar o mundo da arte a través de diferentes artistas e cadros importantes da historia da Arte realizando unha exposición, foi todo un éxito!.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

O luns 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. 
Desde o CEIP San Francisco Javier queremos promover a paz nas relacións cos demais.
O alumnado elaborou nubes con mensaxes con desexos de paz, de tolerancia, de igualdade e de solidaridade;  leu un manifesto e cantou unha canción que expresan a necesidade dunha sociedade que fomente o valor da paz.
Agradecemos ao alumnado o entusiasmo e ao profesorado a colaboración neste día.
 

COMEZAMOS CO PROGRAMA TEI

Esta semana comezamos o programa TEI (Titoría entre iguais) co alumnado de 3º e 5º de Primaria. Cada rapaz e rapaza coñeceu á parella que lle acompañará ao longo de todo o curso e realizaron a primeira actividade xuntos. Foi un éxito!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut