Skip to Content

CONTOS E MAXIA NA BIBLIOTECA

26 Nov 2014 04:30
30 Nov 2014 04:30

Este sábado 29 de novembro, actividades para todas as idades na Biblioteca Pública da Coruña: 

 

 

*CONTOS COS TRASNOS: contacontos para nenos de 3-8 anos pola Compañía do Trinke-Trinke. Os ratos de Lonxedetodo estarán na Sala infantil ás 12 h. Non é preciso anotarse. 

* OBRADOIRO CIENCIA E MAXIA: actividade para todos os públicos a partir de 9 anos. Achegamento ao fascinante mundo da ciencia dun xeito diferente: desafíos científicos incríbles que parecen cousa de maxia. Salón de actos da biblioteca. Conmemoramos o mes da ciencia nas bibliotecas lembrando a figura do P. Feijóo no 250º aniversario do seu pasamento. Haberá dúas sesións: 

1ª sesión: de 11.15 a 12.15 h

2ª sesión: de 12.45 a 13.45 h

Entrada libre ata completar o aforo. + info

 

Grazas. Un saúdo.


Biblioteca Pública da Coruña
Miguel González Garcés       
15008 A Coruña
Tel./Fax:  981-170218/19/30 



event | by Dr. Radut