Skip to Content

blogue deadmin

CORRELINGUA 2023-24

O pasado día 10 de maio, o noso centro participou no Correlingua 2023-24 para reinvindicar o uso do galego. Eiquí oe enlace do artigo da Voz de Galicia. 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2024/05/11/milleiro-nenos-r...

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR - CURSO 2024-2025

Con data do 20 de maio publicouse no DOG a  ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

 EXTRACTO DA ORDE:

 Beneficiarias

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensino secundario obrigatorio (ESO).

b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.

c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

 Prazo de presentación de solicitudes

Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 21 de xuño de 2024. 

LETRAS GALEGAS 2024. COLABORACIÓN NO ACTO DA UNIVERSIDADE DA CORUÑA

O pasado día 15 de maio, a Universidade da Coruña celebrou o Día das Letras Galegas coa lectura de poemas da autora homenaxeada este ano, a escritora coruñesa Luisa Villalta.

O noso alumnado quixo colaborar e alí asistiron alumnas e alumnos de 6º de Primaria coa súa profesora para ler unha selección de poemas.

Deixamos aquí unha ligazón para ler a nova na web da UDC:

A UDC celebra as Letras Galegas 2024

 

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO. PUBLICACIÓN DE LISTAS DEFINITIVAS CURSO 2024-2025

De conformidade co artigo 35 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG de8 de novembro de 2022) publícanse as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido a prazas escolares neste centro para o curso 2024-2025.

As reclamacións presentadas entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva. (Art.35)

Contra estas listaxes, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da xefatura territorial porá fin á vía administrativa (Art.36).

CONSULTA DE LISTAXES

As listaxes poderanse consultar de dúas maneiras:

1º. Presencialmente: no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

2º. Por vía electrónica: exclusivamente través da aplicación informática admisionalumnado, accedendo co certificado dixital ou Chave365.

ADXUDICACIÓN SUBSIDIARIA (Artigo 39).

As solicitudes presentadas en prazo que non resulten admitidas no centro docente indicado en primeiro lugar, trasladaranse á comisión de escolarización, que as baremará para cada un dos centros solicitados en que existan postos vacantes, seguindo a orde de preferencia manifestada na solicitude.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA (Art. 41)

O alumnado admitido deberá formalizar a súa matrícula no centro nos prazos seguintes:

a) Alumnado de educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

b) Alumnado de ESO e BAC: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

De non formalizarse a matrícula no prazo establecido, decaerá no seu dereito a praza obtida.

A nosa Banda Deseñada

Este curso, o noso alumnado creou unhas historias en Banda Deseñada sobre a temática do noso proxecto anual: Os Xogos Olímpicos. Se queredes lelos, clicaque no enlaces debaixo das imaxes:

https://www.calameo.com/read/0025612882bb39eaa709c

https://www.calameo.com/read/00256128818f7b3de7353

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO-CURSO 2024-2025

INFORMACIÓN: becas do MEC para alumnado con NEAE

CONVOCATORIA CURSO 2024-2025: Resolución do 12 de abril de 2024 da Secretaría de Estado de Educación

PRAZO: Do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024

SOLICITUDES: Sede electrónica do MEC

DIRIXIDAS A: Alumnado de niveis non universitarios que presentan necesidade específica de apoio educativo por algunha das seguintes situacións:

  • Discapacidade
  • Trastorno grave da conduta ou da comunicación e da linguaxe.
  • Trastorno do espectro autista.
  • Altas capacidades.

Débense cumprir os requisitos que xustifican a necesidade específica de apoio educativo, conforme se recolle na convocatoria.

ADMISIÓN DE ALUMNADO. PUBLICACIÓN DE LISTAS PROVISIONAIS

Infórmase ás persoas interesadas que o xoves 25 de abril publicaranse as listaxes provisionais de adxudicación de prazas de alumnado para o curso 2024/2025.

As persoas interesadas poden acceder á información de dúas maneiras:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Non se dará información por teléfono.

POR PROTECCIÓN DE DATOS, ESTÁ PROHIBIDO FACER FOTOGRAFÍAS.

 

PRAZO DE RECLAMACIÓNS: 5 días hábiles tras a publicación da listaxe provisional.

BECAS COMEDOR 2024/2025-CONCELLO A CORUÑA

Convocadas as BECAS COMEDOR para o curso 2024/2025 no BOLETÍN OFICIAL DO CONCELLO DE  A CORUÑA do martes 16 de abril de 2024.

Adxúntanse documento co extracto da convocatoria e outras informacións.

BENEFICIARIOS: Alumnado de centros públicos de 2º ciclo de Infantil, Primaria, ESO, BAC, FP e EE situados no Concello de A Coruña.

OBXECTO: Axudas económicas para o pagamento do servizo de comedor escolar, de luns a venres, no curso lectivo 2024/2025.

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 17 de abril ao 8 de maio de 2024.

LUGAR: REXISTRO DO CONCELLO DE A CORUÑA.

CITA PREVIA: Ligazón ao servizo de Cita Previa PARA BECA COMEDOR (UNHA CITA PARA CADA SOLICITUDE)

SOLICITUDES: BECA COMEDOR

DOCUMENTACIÓN: Solicitar NIF en Hacienda (aqueles nenos/as que non teñen DNI ou NIE) 

XUNTANZA INFORMATIVA:  CCM. San Diego día 30 de abril ás 10:30 a.m. ( OBXECTIVO: Aclarar dúbidas de  beca comedor)

ACTIVIDADE DE ANIMACIÓN Á LECTURA

A Biblioteca de Elmer, do CEIP San Francisco Javier, solicita a colaboración das familias para unha actividade relacionada coa animación á lectura.

A actividade consistirá en ler ou relatar ao grupo no que se escolariza o alumno ou alumna, un texto relacionado con Libros variados ou cultura, costumes ou experiencias da familia. 

Máis información no arquivo adxunto.

DÍA DE ROSALÍA

A finais do mes de Febreiro, estivemos a traballar a Rosalía de Castro co gallo do seu aniversario. Aquí temos un vídeo que ensina parte das nosas actividades. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut