Skip to Content

Taboleiro

CIRCULAR FIN DE CURSO

ACCEDA Á CIRCULAR PREMENDO NA IMAXE

 

PROXECTO SEMENTE

Este ano, o alumnado e o profesorado de 6º de EP do CEIP San Francisco Javier, participaron no PROXECTO SEMENTE organizado polo Concello de A Coruña

Trátase dun programa educativo co que se pretende fomentar os valores da economía social e o espíritu emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula. 

O pasado venres 28 de maio, acudiron á praza de María Pita para poñer á venda os seus produtos no MERCADO SEMENTE.  O recaudado donaronno a tres asociacións: 

  • AECC:  Asociación Española Contra el Cáncer
  • ASANOG: Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia
  • FUNDACIÓN CRAM: Fundación dedicada á protección do medio mariño.

Queremos darvos os parabéns por este xesto que vos converte en campións en valores como a solidaridade, a empatía e a xenerosidade . 

 

 

Os medios de comunicación recolleron a noticia: 

 

DIA DAS LETRAS GALEGAS: XELA ARIAS

O alumnado do CEIP San Francisco Xabier homenaxea a Xela Arias con fantásticos traballos que mostran grande creatividade. Parabéns e moitas grazas pola vosa colaboración!!!

 

 

CONCURSO POEMAS LETRAS GALEGAS

Desde o EDLG agradecemos a tod@s @s alumn@s a vosa participación  e colaboración no Concurso de Poemas das Letras Galegas, “O mar” e damos os nosos parabéns aos traballos seleccionados.

Moitas grazas pola vosa colaboración e saúdos desde o EDLG!

 

CITA EN MARÍA PITA

O noso alumnado de 6º de EP participa este ano no PROXECTO SEMENTE (Programa educativo que pretende fomentar os valores da economía social e o espíritu emprendedor a través da creación e xestión dunha cooperativa escolar na aula). Mañá poñerán á venda todo o que realizaron ó longo deste curso no MERCADO SEMENTE (desde as 16:30 ata as 20:30 na praza de María Pita). A recaudación irá destinada a diversos proxectos solidarios e ONG. 

Desde o centro queremos transmitir o noso agradecemento e parabéns tanto ó alumnado como ó profesorado participante polo esforzo e traballo realizado.  Vémonos alí!!! 

  

LETRAS GALEGAS 2021

Celebramos o Día das Letras Galegas.

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2021/22. PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

Informamos que están publicadas as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2021/22 .

Estas listaxes pódense consultar no taboleiro dentro do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

V CONCURSO DE BANDA DESEÑADA

Desde o EDLG Agradecemos a tod@s os vosos traballos para o concurso de BANDA DESEÑADA. 

Aquí vai a entrega de agasallos e diplomas!!!!

 

Para ver o vídeo a pantalla completa, premer aquí 

DIA NON LECTIVO

Informamos que o próximo 18 de maio o centro permanecerá pechado por ser día non lectivo. 

Pódese acceder ó calendario escolar premendo na imaxe 

Distribuir contido


by Dr. Radut