Skip to Content

EDLG

Equipo de dinamización e normalización lingüística de galego

CONTOS DA VIDA MARIÑA

"Parabéns ao noso alumnado pola súa participación na elaboración de contos da vida mariña. Deixamos aquí unha escola dos presentados. Moitas grazas pola vosa colaboración!!!".

 

CELEBRAMOS O ENTROIDO

O entroido está á volta da esquina e como todos os anos, preparámonos para vestir os nosos complementos. Atentos e atentas aos mandatos de Manolo e de Catalina. Comezamos o martes 9. Bo entroido!.

BO NADAL E MELLOR ANO NOVO 2021

A Comunidade Educativa do CEIP SAN FRANCISCO JAVIER quere desexarvos unhas Felices Festas e mellor Ano Novo, cheo de saúde e no que se cumpran os mellores desexos!!.

Autores-as : Covadonga Somorrostro (6ºA), Isamar (3ºB), Javier Barbé (3º A) e Vega Reboredo (5º A)

No seguinte vídeo recollense todas as felicitacións do noso alumnado: FELICES FESTAS!!!.

 

VISITA DE MELCHOR

Onte tivemos a fortuna de que Melchor pasase polo colexio a visitar ós nenos-as de de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria. Foi unha visita emocionante na que poideron conversar co rei quen atendeu todas as súas preguntas..... qué nervosos estaban!!!.

Queremos darlle as grazas a Melchor que nos fixese un sitio a súa axenda para vernos!! GRAZAS!!!

Se queres ver o vídeo en pantalla grande pincha aquí.

                   

HOMENAXE A RICARDO CARVALHO CALERO

Homenaxe a Ricardo Carvalho Calero

Para homenaxear a Ricardo Carvalho Calero no mes de outubro, aplazado a este mes pola pandemia, os alumnos e as alumnas desde Educación Infantil de 3 anos ata 6º de Educación Primaria prepararon uns creativos traballos sobre o conto “As pitas baixo a choiva”. Podedes velos pinchando nas imaxes.

Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo e colaboración. Sodes uns artistas!!

 

 

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Un ano máis celebramos un terrorífico Samaín no colexio. Foi unha semana especial, onde os monstruos, cabazas, esqueletos, arañas... estaban por todas partes, ata nas ventás!! Qué ben o pasamos !! Se queres ver todo o que fixemos pincha na imaxe.... 

CONCURSO EDLG BANDA DESEÑADA 2º TRIMESTRE

Parabéns a tod@s polas vosas valiosas aportacións

Vai unha mostra do alumnado premiado co seu diploma acreditativo.

Moitas grazas polo voso traballo, vémonos en setembro.

               Saúdos do EDLG                                             

 

                                        Sodes uns campi@ns!!!!

 

PALABRAS DO MES DE MAIO NA CUARENTENA

O noso alumnado non deixa de sorprendernos coa súa creatividade, escribiendo e debuxando. Aquí tedes unha mostra mais da creatividade e sentimentos que  estiveron a vivir desde o confinamento ata a primeira saída. 

Grazas a todas e a todos pola vosa colaboración!!

                                  

ENTROIDOS POLO MUNDO

Fantásticos os debuxos que recrean os diferentes entroidos imaxinados polo noso alumnado. Grazas a todas e a todos polo voso traballo e colaboración!!

Pincha na imaxe para velos

 

                                    

CELEBRAMOS O SAMAÍN

Chegou o Samaín , e no colexio celebrámolo decorandoo con fermosas e terroríficas cabazas, convertidas en personaxes do máis variopinto, unha mostra da creatividade do alumnado que participou entusiasmado nesta celebración. 

Queremos dar os parabéns a todas e a todos os participantes, e aquí deixamos unha pequena mostra desas creacións, se queredes ver máis pinchade aquí

 

                                                                                                                                                                                                                                                                                  

                              

                                                                                        

Distribuir contido


by Dr. Radut