Skip to Content

Admisión e matrícula

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS
CURSO 2020/2021

Iniciase do procedemento de admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021

Toda a información do proceso irase colgando neste espazo informativo, xunto co taboleiro sito no porche do colexio, que serán os espazos oficiais de información do proceso de escolarización así como no Portal da Consellería de Educación:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30140

A data de Xornada de Portas Abertas será o vindeiro luns 9 de marzo ás 16:30.

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolle o seguinte:

  1. O CEIP San Francisco Javier está adscrito ao IES Monelos.
  2. O noso alumnado ten prioridade para matricularse neste Instituto por diante daquel alumnado que proceda doutros centros de primaria non adscritos.
  3. As familias que desexen matricular aos seus fillos/as no IES Monelos deberán entregar ao seu titor-a, entre o 1 e o 17 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). (Tamén pode facerse a reserva parcial no enderezo https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/, ou de xeito electrónico e completo en https://sede.xunta.gal/portada).
  4. O alumnado de sexto curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado instituto, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado no IES da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como anexo II da citada Orde do 12 de marzo, modelo de impreso que se pode retirar na conserxería desde Centro ou pinchando aquí.
  5. A reserva no IES Monelos adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación dunha solicitude de admisión noutro centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Distribuir contido


by Dr. Radut