Skip to Content

blogue deadmin

NOVO ÁLBUM ENTROIDO

Benqueridas familias!

Xa temos dispoñible na nosa galería un vídeo resumo dos nosos traballos e desfile de Entroido.

 

 

E se queredes desfrutar dun momento divertido non perdades ollo ás simpáticas fotos de grupo que atoparedes premendo na seguinte imaxe.

 

 

 

Moitas grazas a todo o noso alumnado, profesorado e familias pola vosa colaboración e participación activa nas nosas celebracións!

Esperamos que vos guste moito!

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

"Desde a súa aprobación pola UNESCO en 1999, cada 21 de febreiro vén celebrándose o Día Internacional da Lingua Materna.  

A UNESCO estima que, cada dúas semanas, unha lingua desaparece, e con ela os seus cantos e tradicións, os seus xeitos específicos de nomear e de entender o mundo e a capacidade do pobo que a creou para manter o vínculo a través desa creación colectiva sobre un territorio, modulando os seus xeitos de vida e a súa cultura.

Falar en cada territorio a lingua propia é o xeito de comprometérmonos coa defensa de todos os idiomas.

Lingua materna non é só a que se nos transmitiu na primeira infancia ou a lingua inicial. Falar galego transcende a propia identidade: permítenos sobrevivir como pobo con personalidade de seu, mais tamén nos conecta cunha causa global, a da defensa da diversidade lingüística e cultural, para que o soño das mil primaveras siga sendo posible para nós e para o mundo, para o planeta e as linguas que o habitan."

María López Sández, Académica de número da Real Academia Galega: 21 de febreiro: Día Internacional da Lingua Materna

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Convidámoste a participar na xornada de portas abertas do noso centro!

Para inscribirse , rogamos cubrir este formulario 

Duración aproximada da xornada: 60 minutos.

 

BANCO DE ALIMENTOS RIAS ALTAS

O Banco de Alimentos Rías Altas agradece ás familias do CEIP San Francisco Javier a súa colaboración realizada no pasado mes de decembro, mediante a aportación de 272,10 Kg de alimentos.

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

DÍA NON LECTIVO

Infórmase á comunidade educativa que foi autorizado, hoxe día 8 de febreiro, pola Xefatura Territorial o 20 de maio de 2024 como día non lectivo.

 

 

 

DESFILE DE ENTROIDO

Estimadas familias:

Convidámosvos a presenciar o desfile de disfraces de Entroido, que se celebrará na pista cuberta do colexio o vindeiro venres 9 de febreiro. Abriranse as portas do recinto exterior ás 12:10 h e ás 12:15h comezarán a desfilar as comparsas.

As familias situaranse arredor da pista cuberta, e non poderán acceder a ela. Unha vez rematado o desfile, o alumnado subirá ás aulas co profesorado titor/a.

Esperamos que toda a comunidade educativa desfrute do traballo realizado nas aulas. Lembramos para unha maior seguridade e tranquilidade de todas e todos que non está permitido aproximarse ás obras e que se teña especial coidado coas gravacións ou imaxes do evento, respectando a normativa vixente sobre a protección de datos persoais. 

 

 

 

IMPORTANTE: Prestar especial atención a posibles avisos das condicións metereolóxicas, posto que o desfile pode ser suspendido por indicacións da Consellería de Educación debido inclemencias do tempo

COMEZAMOS O ENTROIDO NO COLE!

Como os cursos anteriores, comezamos o Entroido cos Mandadiños do Meco!

 

DÍA DA PAZ

Este 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz. Reunímonos todos: alumnado, profesorado e familias para conmemorar este día. Pasámolo xenial !

Clica na imaxe para ver o vídeo:

Distribuir contido


by Dr. Radut