Skip to Content

blogue deVictoria Esteban

#2Abril DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Este 2 de abril de 2020 celébrase ne todo o mundo o Día de Concienciación sobre Autismo.  Pero ademáis este ano, en pleno confinamento polo coronavirus, toma especial relevancia. 

Por iso a Confederación española de Autismo convócanos a todos a participar do acto Light It Up Blue #LIUB é dicir:Iluminar as nosas ventás e balcóns de AZUL.

Despois dos merecidos aplausos solidarios ao persoal sanitario, pídenos que ás 21:00 horas todos saiamos á ventá ou balcón cunha luz azul, para dar maior visibilidade a este colectivo.


DIPLOMA ESPECIAL #TODOSAIRÁBEN

Por ser responsable, por quedar na casa todos estes días sen protestar, por lavar as mans como che explicaron, por ter as túas cousas ordenadas, por facer as tarefas que os profes recomendan, por facer que estes días en familia sexan divertidos...

MERECES ESTE DIPLOMA 

PODES DESCARGAR, IMPRIMIR E ESCRIBIR O TEU NOME PINCHANDO NA SEGUINTE IMAXE

 

DIVERSIDADE NAS AULAS: TDAH

“O TDAH maniféstase nos distintos ámbitos en que se desenvolven as nenas, nenos e adolescentes, en forma de dificultades para agardar, para concentrarse nunha tarefa, para controlar as súas accións e emocións, para planificar e solucionar problemas, etc.

Considérase que o trastorno está presente cando estas condutas interfiren de forma significativa no rendemento escolar e tamén nas actividades cotiás. Así mesmo, é necesario lembrar que non afecta nin a intelixencia nin o razoamento e que as persoas afectadas gozan, polo xeral, dun pensamento rápido, teñen moita intuición e enxeño; e, ademáis, adoitan ser entusiastas, creativas e sinceras. Por outra banda, contan cunha fonte inesgotable de enerxía e cunha elevada facilidade para expresaren a súa afectividade.”

PERSOAS CON TEA, PERMISO PARA SAÍR

A TRAVÉS DA INSTRUCCIÓN DO 19 DE MARZO, O MINISTERIO DE SANIDADE PERMÍTELLES ÁS PERSOAS CON DIAGNÓSTICO DE TEA E CONDUTAS DISRUPTIVAS SAÍR Á RÚA ACOMPAÑADAS MENTRES DURE O ESTADO DE ALARMA

PULSA NA IMAXE PARA AMPLIAR INFORMACIÓN:

instruccion 19 marzo

XOGAR EN FAMILIA

As profes de Audición e Linguaxe propóñennos estes xogos para desenvolver as habilidades lingüísticas, de forma divertida e en familia. Pincha na imaxe

 

xogos de lingua

APRENDER É DIVERTIDO

Deixámosvos aquí unha páxina moi entretida e variada na que podedes aprender xogando, con actividades para todas as idades.

ENTRA PULSANDO NA IMAXE:

HAPPY LEARNING

 

 

CONTOS PARA VENCER O VIRUS

Nas redes sociais atopamos este conto que nos explica de forma sinxela e amena, acompañada dun pouco de papiroflexia, como podemos acabar co virus entre tod@s. Dende aquí agradecemos á autora descoñecida este conto tan bonito.

No seguinte conto, o monstruo de cores axúdanos a entender as nosas emocións.

Para ver os videos, PINCHA NAS SEGUINTES IMAXES:

ORIGAMI

 O MONSTRUO DE CORES E O CORONAVIRUS:

monstruo de cores

MISIÓN: QUEDAR NA CASA

Para ver os consellos dun psicólogo sobre o modo de enfocar a cuarentena de forma constructiva,

PINCHA NA IMAXE SEGUINTE:

 

PAUTAS DE ACTUACIÓN PARA PERSOAS CON TEA ANTE O AILLAMENTO POR CORONAVIRUS

© Aspanaes vén de publicar na súa web estas "Pautas de actuación para persoas con TEA ante o confinamento por coronavirus" que podedes descargar premendo na imaxe:

aspanaes pautas TEA

MOITOS DÍAS NA CASA

Para evitar que o virus se extenda debemos quedar na casa e os días pasan…

Non estamos de vacacións, por iso é importante non perder o contacto cos libros e os traballos escolares, porque no momento en que a situación se normalice regresaremos ás aulas e o curso continúa.

A responsabilidade e o reto dos pais é conseguir que os nenos cumpran uns horarios, que non se perdan as rutinas e os hábitos de estudo ao tempo que se distraen, manteñen hábitos saudables de alimentación e sono e, por descontado, tamén xogo e exercicio.

¿Cómo conseguilo? Pincha na ligazón:

CONSELLOS PARA DÍAS SEN COLE

TOODO SALDRA BIEN

Distribuir contido


by Dr. Radut