Skip to Content

Curso 2022/2023

8 de marzo día da Muller

Con motivo do día da muller, fixemos un mural composto por a silueta dunha rapaza e bolboretas de cores. Dentro destas bolboretas escribimos frases e palabras para reivindicar a igualdade entre mulleres e homes. Ademais fixemos unhas chapas para conmemorar este día ♀️

 

 

Coñecemos o Courel

Visita ó CPI Poeta Uxío Novoneyra, comida no Camping do Courel e actividades no Castelo de Carbedo.
O profesorado do CEIP Eduardo Cela Vila e do CEIP de Samos organizou unha excursión conxunta ás máxicas Terras do Courel.
Pola mañá estivemos no CPI Poeta Uxío Novoneyra. Alí recibiunos Tania, a mestra coa que coordinamos o traballo do libro "O Misterio de Portomarín". Tras desfrutar das anécdotas de Antía Yáñez, a autora da obra, e de exporlle as nosas preguntas, despedímonos dos nenos e nenas do Courel e marchamos ó Camping de Seoane, onde xantamos e xogamos grazas á colaboración de Pilar, xefa de estudos do colexio courelá.
Pola tarde, subimos ata o Castelo de Carbedo, onde realizamos dúas actividades: na primeira, o alumnado dos dous coles mestrurados en grupos, escoitaron e anotaron os sons da natureza, pois atopámonos no impoñente Monte Cido; na segunda actividade, descubrimos a vida castrexa que alberga O Courel con diversas imaxes e coñecemos a historia do Castelo de Carbedo a través dunha pequena exploración guiada.
Tras encher as mochilas de cultura e emocións, puxemos rumbo a casa, desexando voltar axiña á marabillosa Terra do Courel. 

Obradoiros igualdade

No mes de febreiro volveu Celia cos obradoiros de igualdade.

 

Obradoiros Igualdade

Continuamos cos obradorios de Creados que imparte Celia, nesta sesión os nenos e nenas traballaron o seu papel na sociedade.

 

Matronas do HULA

A semana pasada recibimos a visita de Sonia e Susana, matronas do HULA coas que levamos a cabo un obradoiro de educación afectiva-sexual.

Foi unha actividade lúdica e instructiva que lles encantou aos nenos e nenas e as profes!

Grazas a nosa ANPA por facelo posible! 

Deixámosvos un video coas fotos do obradoiro

  

Distribuir contido


by Dr. Radut