Skip to Content

Curso 2022/2023

Día mundial da infancia

O 20 de novembro celébrase o Día Mundial da Infancia porque é a data na que a Asemblea Xeral da ONU aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 que se melloraría cun acordo reflectido na Convención sobre os Dereitos do Neno asinado tamén un 20 de novembro de 1989. Recolle que todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independentemente do lugar do mundo no que nacesen.

Mirade que ben traballaron os nenos e nenas!!

   

Obradoiros de Igualdade

O día 27 de outubro empezaron no cole os obradoiros impartidos por Creados para a prevención da Violencia de Xénero e Educación en Igualdade. 

Esta gran iniciativa lévase a cabo grazas a ANPA do cole e vanse desenvolver unha vez ao mes. 

Nesta primeira sesión os nenos e nenas traballaron con Celia os estereotipos e os prexuízos. 

Mirade que ben o pasaron!!

Día da Muller Rural

O día 15 de outubro foi o día da muller rural e dende o centro quixemos facerlles unha homenaxe a todas as mulleres rurais das nosas vidas.

A través desta actividade os nenos recompilaron información sobre as súas nais, avoas, bisavoas...descubrindo recordos cheos de amor e de esforzo.

Só podemos darlles as grazas a todas as mulleres rurais, sobre todo ás nosas antepasadas, polo gran traballo, esforzo e dedicación para sacar adiante ás súas familias.

Distribuir contido


by Dr. Radut