Skip to Content

Curso 2022/2023

Dia Escolar da non Violencia e da Paz

Hoxe, 30 de xaneiro, celébrase o Día Escolar da non Violencia e da Paz.

Os nenos e nenas do CEIP de Samos, para conmemorar este día, pintaron uns mandalas e escribiron dentro das pombas a palabra paz en diferentes idiomas así como tamén palabras necesarias para conseguir a paz e loitar contra a violencia.

Despois, fixeron unha árbore, a árbore da paz, onde colocaron os diferentes traballos.

Mirade que ben lles quedou! Parabéns polo traballo :)

 

Proxecto Ríos

Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovida por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais. Mediante a proposta de desenvolvemento por equipos interdisciplinarios nos centros educativos galegos do proxecto “Adopta un río” preténdese desenvolver os valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente.

Dentro deste proxecto, no cole, fixemos un mural traballando as especies autóctonas do noso río, o río Oribio, e tamén traballamos conxuntamente os dereitos humanos.

Esta actividade non será a única que fagamos dentro deste proxecto, esperamos que vos guste!

 

Obradoiros de igualdade novembro e decembro

Nos meses de novembro e decembro continuamos cos obradoiros de igualdade que realiza Celia cada mes.

No mes de novembro, Celia, fixo diferentes actividades contra a violencia machista e no mes de decembro sobre xoguetes non sexistas.

Ao alumnado gustóulles moito as actividades e aprenderon moitísimas cousas!

Deixámosvos algunhas fotos das actividades:

Rematou o Nadal!

A semana pasada remataron as festas de Nadal e empezamos o segundo trimestre con moitas ganas e ilusión!

Para darlle a benvida aos nenos e nenas, as profes encargáronlles aos Reis Magos e Papá Noel uns regalos que nos deixaron debaixo da nosa árbore de Nadal!

 

Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe 25 de novembro e cada día do ano reinvidicamos un mundo libre de violencia cara as mulleres, cara as súas fillas e fillos e familia, e cara calquera persoa ou colectivo que sufra da violencia machista. Por elas, polos nosos nenos e nenas, e por todas e todos nós, queremos medrar nunha sociedade na que vivamos en igualdade e en paz.

Desde o CEIP de Samos dicimos STOP Á VIOLENCIA.


  

 

Distribuir contido


by Dr. Radut