Skip to Content

Curso 2022/2023

Fundación Legar

Coñece a túa provincia

O mércores 19 de abril visitamos Lugo dentro do programa da Deputación de Lugo "Coñece a túa provincia".
Comezamos o noso percorrido pola Produtora de Servizos Audiovisuais (TIC) da Deputación de Lugo. Despois fomos ó Museo Provincial e percorremos un trociño da Muralla. Despois de xantar visitamos a sala de exposicións Porta Miñá e rematamos o día xogando no Parque de Rosalía.
A continuación poderedes ver un pequeno resumo da xornada. 
 

Programa Voz natura

 

Programa Coeduca

Do 11 ao 14 de abril veu Pilar ao cole a impartir unhas xornadas de Educación en Igualdade a través do baile e a radio.

Esta actividade foi organizada polo Concello de Samos

 

 

Día da poesía

Onte 21 de marzo celebrouse o día da poesía na Praza da Vila de Sarria. Este ano foi adicado ao poeta da Terra Chá, Manuel María. 

O noso centro, xunto con todos os centros educativos da comarca de Sarria, participamos nesta festa. Os nosos alumnos e alumnas recitaron os poemas da Lúa e o Arco da Vella.....e fixérono moi ben!

Despois desta actividade, xantamos no parque do Chanto cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela onde tamén tivemos tempo para xogar un pouquiño!

Para todos e todas nós foi unha experiencia moi positiva que esperamos poder repetir nos vindeiros anos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut