Skip to Content

Día da poesía

Onte 21 de marzo celebrouse o día da poesía na Praza da Vila de Sarria. Este ano foi adicado ao poeta da Terra Chá, Manuel María. 

O noso centro, xunto con todos os centros educativos da comarca de Sarria, participamos nesta festa. Os nosos alumnos e alumnas recitaron os poemas da Lúa e o Arco da Vella.....e fixérono moi ben!

Despois desta actividade, xantamos no parque do Chanto cos nosos compañeiros e compañeiras do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela onde tamén tivemos tempo para xogar un pouquiño!

Para todos e todas nós foi unha experiencia moi positiva que esperamos poder repetir nos vindeiros anos.

 



blog | by Dr. Radut