Skip to Content

Calendario

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Actividades 14ª Semana Corentena 2ºA 2019/20

ACTIVIDADES 14ª SEMANA DE CORENTENA 2ºA

15/6/2020

Bo día, nen@s! Como estades? Esta é a última semana de clase!

Lembrade que o mércores haberá unha videoconferencia por Cisco Webex ás 17h para despedirnos (os de 2ºA) e tamén o venres haberá outra ás 12h con todo 2º.

Esta semana non vos vou poñer actividades no blogue todos os días. Só vos vou deixar, por se vos aburrides e vos apetece poñer a cabeza a funcionar, uns pasatempos de lóxica matemática, de razoamento ou comprensión lingüística que podedes facer ao voso ritmo ao longo de toda a semana. Moitos son de romperse a cabeza, non vos agobiedes, facede o que poidades! Abaixo o tedes para descargar onde pon "Adxunto", é un documento de PDF. Non fai falta que imprimades nada se non queredes, podedes facelo oralmente, escribir a man só as respostas, facelo no ordenador... E se queredes podedes mandarme as vosas respostas ao correo. 

Por certo, botádelle unha ollada ao Genially coas creacións de corentena de 2ºA, hai cousiñas novas de algúns compis, e tamén ao Genially cos traballos de Plástica, tamén hai novidades!

 Ah, e xa tedes o vídeo contando chistes en galego!

 19/6/2020

Bo día, rapazada! Hoxe é o último día do voso curso 2019/20... Así que só quero darvos un par de mensaxes antes de que por fin esteades de vacacións!

En primeiro lugar, dicirvos que vos deixo adxuntas nesta publicación as solucións das actividades que vos propuxen o luns... 

En segundo lugar, dicirvos que lle botedes unha ollada ao noso blogue de aula, subín fotos novas no 2º trimestre!http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsalgadotorres/node/831 Así podedes lembrar un pouco algunhas cousas que fixemos este curso.

Finalmente, lembrarvos que hoxe ás 12h temos unha última videochamada todo 2º por Cisco Webex.

Nada máis! Encantoume darvos clase estos dous anos, sodes unhas nenas e nenos marabillosos e aprendín un montón de vós!

 Deséxovos unhas felices e ben merecidas vacacións! 

A vosa profe: Lucía.