Skip to Content

Calendario

« Outubro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031

Actividades 11ª Semana Corentena 2ºA 2019/20

ACTIVIDADES 11ª SEMANA DE CORENTENA 2ºA

25/5/2020

Ola, nenas e nenos! Hoxe comezamos a semana con un repasiño dun tema de Sociais que vimos o ano pasado e tamén neste curso: a seguridade viaria

Que tedes que facer?

1º) Clicar na imaxe de abaixo para abrir o libro de Vicens Vives, xa vos vai abrir no apartado da seguridade viaria.

2º) Ler con atención as páxinas 60 e 61 e facer as actividades. Fixádevos no vocabulario en galego:  rúa (calle), beirarrúa (acera), calzada ou estrada (carretera). 

3º) Responder tamén as seguintes preguntas

  • Que normas de seguridade debemos cumprir cando montamos en bicicleta?
  • Que normas de seguridade debemos cumprir cando imos en coche?
  • Como debemos comportarnos no autobús urbano?

Como actividade extra, vos propoño facer o seguinte ditado para practicar G e GU

 

Aproveito tamén para dicirvos cal foi o TOP 3 do reto da semana pasada de escribir palabras en castelán con H.

 

26/5/2020 

Bo día, rapazada! Como estades? Antes de nada, quero lembrarvos que me gustaría que me mandasedes chistes en galego contados por vós nun vídeo ou audio, para montar un vídeo similar ao dos trabalinguas!

Dito isto, hoxe vos propoño ver un tema de Natus que non nos deu tempo a velo moi ben na aula, mais que seguro que controlades un montón: As máquinas.

Que tedes que facer?

1º Clicar na imaxe de abaixo para abrir o libro de Vicens Vives, xa vos vai abrir no tema das máquinas.  Podedes pasar as páxinas do libro dándolle ás frechas da esquerda e da dereita.

 

2º Ler con atención, sobre todo, os parágrafos que teñen o título en laranxa e o texto en verde e vermello. Ata rematar o tema, na páxina 92. 

3º Facer as actividades 1, 2 da páxina 82, 3 da 83, 5 da 86 e 7 e 8 da 87 e todas as da páxina 92. No encrucillado do exercicio 2, a palabra 4 dígovola eu porque é un pouco difícil: TRADE.

Como actividade extra hoxe vos propoño escribir 20 parellas de palabras antónimas en castelán. Lembrades o que eran os antónimos? Se queredes repasar un pouco o que eran os antónimos, déixovos por aquí un vídeo dunha nena que o explica moi ben. Ela explica os sinónimos e os antónimos, mais eu só vos pido 20 parellas de ANTÓNIMOS.

 27/5/2020

Bo día, rapazada! Hoxe vos propoño unha actividade de Mates chulísima: un Break Out. Que é iso? Pois é un xogo no que tedes que resolver probas para cumplir unha misión.

Neste caso, o Break Out consiste en axudar a Dori a rescatar ao seu amigo Crush. Para iso tedes que facer unhas probas por orde respondendo correctamente as preguntas de cada unha, podedes axudarvos de lapis e papel se o precisades, non fai falla que fagades todo con cálculo mental. Ao rematar cada proba daranvos un número que forma parte dun código de 4 cifras que teredes que introducir ao final para salvar a Crush. Apuntade esas cifras por orde!

Ao final de todo, se o conseguides vos dará un novo código. Ese non fai falta que o mandedes a ningún lado. A mestra que deseñou ese Break Out o puxo para o seu alumnado, mais a vos non vos fai falla.

Facede click na imaxe de abaixo para abrir o Break Out:

 Como actividade extra hoxe propóñovos facer a páxina 2 do Caderno "Números y Operaciones 5" de Matemáticas, que onte recolleron as vosas familias.

28/5/2020

Bo día! Que tal estades? Hoxe vouvos propoñer un traballo de Plástica moi chulo: construir unha máquina! Vai ser unha máquina sinxela, que funcionará coa enerxía cinética (de movemento) que lle proporcionaremos nós.

Aquí déixovos varias opcións:

Un arrandeadoiro ou un balancín:

Esta podedes facela con tesoiras, un cachiño de cartón para a parte onde se sentan @s nen@s, palliñas de plástico para as estruturas, un pouco de limpiapipas para algúns detalles, plastilina para as unións das palliñas e cinta adhesiva para unir as estruturas á base e unir algunhas das súas pezas. Se non tedes plastilina para a unión das palliñas podedes facela tamén coa cinta adhesiva. Tamén podedes utilizar papel para facer @s nen@s que montan no columpio ou no balancín. 

Unha catapulta:

Para isto só precisaredes 10 paliños de madeira, 5 gomas elásticas, unha culler de plástico e rotuladores de cores para decorar os paliños. Se non tedes a culler de plástico, hai outros exemplos de catapultas nas que utilizan outro paliño de madeira e lle pegan un tapón grande de botella nun extremo, para colocar aí o proxectil que lanzaremos coa catapulta.

Aquí tedes un tutorial dunha rapaza que o explica moi ben: 

Estou desexando ver as vosas máquinas, así que pasádeme foto para colgalas no blogue e, se queredes, tamén algún vídeo delas funcionando.

Como actividade extra de hoxe propóñovos inventar tres problemas matemáticos que se resolvan con unha multiplicación. Se o facedes tedes que enviarme os enunciados e todo o problema resolto, con datos, operación e resposta.

  29/5/2020

Bo día, rapazada! Xa é venres! Lembrade que hoxe vémonos ás 12h con 2ºB en Cisco Webex. Neste día quero propoñervos uns xogos para repasar as táboas de multiplicar.

Lembrade que vimos a do 2, 3, 4 e 5. Recoméndovos moito as cancións de Miliki para aprender as táboas dun xeito máis ameno. A miña favorita é a canción da táboa do 3, porque ten un tema que é "a comida" e fai rima de todas as multiplicacións con alimentos. Tamén utilizade a táboa que construistedes tan chula algúns coas instrucións que vos mandei.

Ides alucinar cos xogos. Hainos moi variados: de carreiras de cabalos, de carreiras de coches, de fotografiar animais, ou de atender clientes nunha hamburguesería! Todos son de repasar as táboas de multiplicar, e ademais podedes elixir a táboa ou as táboas que queredes practicar.

Como actividade extra hoxe propóñovos que fagades a vosa propia descrición en galego. Tedes que explicar quen sodes: como sodes físicamente e tamén a vosa forma de ser: como é a vosa personalidade, que vos gusta facer... Se participades moitos, na videochamada de 2ºA do mércores ás 17h podemos xogar a adiviñar quen é cada un lendo a súa descrición sen dicir o nome!

Por certo, como levades o bote das emocións? Xa o enchestedes?



blog | by Dr. Radut