Iniciar sesión: Acceso

Pais/Nais

Videoteca

Lingua galega

25º ANIVERSARIO

Historia

FAGAMOS UN POUCO DE HISTORIA

Como se xestou o CEIP Sagrada Familia?

O Colexio Sagrada Familia comeza a súa andaina no ano 1960 como Colexio de Padroato da Entidade Benéfica Sagrada Familia, como colexio de nenas.

No ano 1966, e de acordo co recollido no apartado 7º da O.M. do 15 de novembro de 1945 o seu Ministro por Orde do 11 de Xullo de 1966 eleva a definitiva a autorización provisional concedida anteriormente.

Na Orde de 6 de Novembro de 1975 extínguese o Consello Escolar Primario, constructora benéfica Sagrada Familia polo que o Colexio transfórmase de Centro privado en Centro estatal de réxime ordinario como Colexio Nacional Mixto con 14 unidades e dirección con curso. (BOE  de 6 de xaneiro de 1976).

Na Orde 14 de Febreiro de 1985, créanse centros públicos de Educación Básica e Preescolar na provincia de A Coruña. Denominación Colexio Público Sagrada Familia, 1 mixta de EXB, 16 mixtas de EXB, 2 de párvulos, 2 mixtas de E.E e 1 dirección función docente.

A partires de ahí e coa integración do Colexio de nenos da Sagrada Familia e tralos sucesivos cambios de acordo coa LOGSE e coa LOE o Colexio queda estructurado así:

CEIP Sagrada Familia,  18 unidades de E.P; 9 unidades de E.I; 1 Dirección con función docente; 3 profesores de apoio a E.I; 3 profesores especialistas de L.I;   3 profesores de E.F; 2 profesores de E. Musical; 1 Xefe de D.O; 1 unidade de audición e linguaxe; 2 unidades de E.E, 2 profesores de Relixión Católica; 1 profesor de Relixión Evanxélica, 1 profesor de Compensatoria; 1 profesor de apoio a E.E. compartido e  1 profesor para estranxeiros compartido.

Para chegar ao novo Colexio houbo que pasar un longo camiño

Do Colexio da praza de Ntra. Sra. ao Colexio da Ronda de Outeiro.

Inícianse os trámites da compra do terreo en Agosto de 1975. Retómanse as negociacións en Agosto de 1980. En Novembro de 1981, ofértanse os terreos ao prezo de 8000 pesetas/m2.

En febreiro de 1982 concrétase a oferta de venda dalgunha das parcelas.

En Abril de 1983, o entón alcalde Joaquín López Menéndez, ponse en contacto co Ilmo. Sr. D. Leopoldo Riduejo Gil, director do SEPES en Madrid, por medio de carta para que o Director reciba a D. Esteban Lareo Castro e Dna. Mª del Carmen Conde Botas, en representación da APA  e como  Directora do colexio.

D. Esteban Lareo, logo de longas xestións no SEPES, consigue  averiguar a quen pertencen as parecelas ás que afectaría a construcción do novo Colexio que pertencía ao SEPES.

En xuño de 1983 o Concelleiro de Cultura, José Antonio Sánchez Beirás, confirma na Voz de Galicia do 15 de xuño  que as obras do Colexio comezarán ese ano.

O 20 de outubro de 1983 en acordo plenario do Concello da Coruña ponse a disposición da Consellería de Educación da Xunta de Galicia os terreos para a construcción do Colexio cunha superficie aproximada de 10.300 m2.

En  decembro de 1983 noméase unha comisión “pro  novo Colexio”.

Nun artigo publicado por Francisco Vázquez e titulado “Mi reflexión final” la construcción del Centro Escolar Sagrada Familia, son ya problemas del pasado y un logro que zanja definitivamente la resolución de importantes problemas. Noutra nota recóllese unha interpelación de Anxo Guerreiro Carreiras a Victor Manuel Vázquez Portomeñe en torno á construcción do Colexio mixto Sagrada Familia e en que data está previsto que se constrúa.

Na Voz de Galicia  do ano 1983 recóllese que nese ano construiranse dous colexios: Sagrada Familia e San Francisco Javier.

Noutra nota de prensa, publícase que o Delegado Provincial urxe ao Concello o acondicionamente da Ronda de Outeiro para facilitar o acceso dos alumnos ao que será o novo Colexio Sagrada Familia.

No DOGA, nº 132 , de 11 de Xullo de 1984 no punto VI anúnciase: Resolución 29 de Xuño de 1984 "Esta Consellería resolve anunciar un concurso público do proxecto de obra nos centros".

1 centro de 32 unidades de EXB e E.P. na Sagrada Familia de A Coruña, orzamento 180  millóns de pesetas compartido co San Francisco Javier. Prazo de execución: 4 meses.

O 17 de Decembro de 1984 nunha circular enviada por Carmen Conde, directora do Colexio Sagrada Familia  comunica a todos os pais que o Colexio novo está terminado y que comezará a funcionar ao regreso das vacacións de Nadal. Ano 1985.

Inaugúrase o Colexio o día 18 de Xaneiro de 1985.

Nace o novo Colexio Sagrada Familia

Naceu o Colexio, pero coa colaboración do Excmo. Concello foise mellorando. Primeiro o espazo exterior, logo o alicatado das aulas, a pintura do Colexio… A construcción dun magnífico pavillón deportivo,   o novo patio cuberto, etc.

Todo iso fai que hoxe teñamos un Colexio acorde co Século  XXI, que ofrece as mellores garantías dunha educación integral, e na que todos os membros da Comunidade Educativa están cómodos e poden, cada un na súa faceta, desempeñar as tarefas dun xeito agradable e satisfactorio.

Por outra banda eu, como Director do Centro desde o curso 85/86 ata a actualidade, síntome enormemente orgulloso do mesmo e quero dar as grazas a todas  aquelas entidades e persoas que fixeron posible esta realidade, moitas delas, están hoxe aquí con nós. Grazas en nome de todos os membros da Comunidade Educativa do CEIP Sagrada Familia.

Pedro A. Garea Gómez

Director do centro