Iniciar sesión: Acceso

Pais/Nais

Videoteca

Lingua galega

25º ANIVERSARIO

5º Infantil

XOGUETES RECICLADOS

De volta das vacacións de Nadal os nenos de 5º de Educación infantil trouxeron unha morea de xoguetes feitos con material de refugallo e coa axuda dos seus pais.  ¡ Mirade que artistas son ! E seguro que pasaron un rato moi divertido facendo estes xoguetes que non teñen pilas, nin cables...

    

       

PAZO DA ÓPERA (curso 2009-2010)

   
   

O día 29 de Abril fomos ao Pazo da Ópera para ver e escoitar unha obra titulada "A Ratiña Laranxa".

Aquí estamos esperando na entrada a que nos deixen pasar e mentras cantamos e divertímonos.

 

DON QUIJOTE NA BIBLIOTECA. 4 ANOS A (curso 2009-2010)

 

 

O día do libro fomos a biblioteca do cole e alí tivemos unha sorpresa que deixounos abraiados. Todo estaba decorado con imaxes de D. Quijote e Sancho. A profesora Isabel contounos como D. Quijote decidiu partir a vivir aventuras co seu fiel escudeiro Sancho, e como loitou contra uns muiños de vento que el pensaba que eran xigantes. Quedámonos con ganas de escoitar máis aventuras, pero claro, é un libro moi gordo, así que lle imos pedir aos nosos papás que nos lean historias de D. Quijote dunhos libros especiais para nenos coma nós. 

 

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL SAGRADA FAMILIA


 

 

O dia 15 de abril, os nenos de 4 anos A fomos de visita a biblioteca da Sagrada Familia. A bibliotecaria Fátima leunos o libro "El canto de las ballenas". É a historia dunha nena chamada Lili que nunca escoitara as baleas. A súa avóa lle dis que se ti lles regalas algo, as baleas tamén te farán un regalo. ¿Será verdade?Logo amosounos outro libro que nos contaba moitas cousas sobre as baleas:  que tiñan barbas,  que comen cril (gambas e outros crustáceos), que algunhas cantan e que cada manada ten un canto diferente e os machos o utilizan para namorar as femias...Pórtámonos fenomenal e moi atentos escoitamos todo o que Fátima nos dicía.
Despois lle cantamos a canción de "Hai unha escola no fondo de mar" e miramos todos os conto que alí teñen.

VISITA A BIBLIOTECA 4 ANOS C

 

 O venres 25 de marzo os nenos e nenas de 4 anos C visitamos a biblioteca Sagrada Familia.

Lemos, contamos  historias e aprendemos a respetar e coidar os libros