Skip to Content

Ampliación da axuda para adquirir material escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. Así mesmo, o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso escolar e ata o 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022, tamén percibirá esta ampliación.

A resolución dispón que as familias poden recoller o vale de 25 € nos centros docentes e que se empregarán preferentemente antes do 1 de decembro na librería/establecemento.

O vale para adquirir material escolar-ampliación (25€), obxeto desta resolución e o  vale para adquirir material escolar (50€) son vales independentes e non fraccionables, polo que se poderán empregar os dous nun único establecemento ou cada un deles, polo importe íntegro, en dous establecementos distintos.

Polo que, as familias beneficiarias anteriormente do vale de material (50€) poderán pasar pola secretaría do centro a recoller o vale adicional de 25€.

Lembrade que se non pode pasar a recoller o vale adicional o pai ou a nai deberá traer unha autorización asinada para a persoa que o recolle AUTORIZACIÓN

 

Período de Adaptación alumnado 4º de Educación Infantil

O próximo 7 de setembro ás 11:00  h. haberá no noso centro unha reunión coas familias do alumnado de 4º de infantil para explicar diversos aspectos en relación ao período de adaptación.

ESQUEMA PERÍODO DE ADAPTACIÓN

INFORMACIÓN SERVIZO DE MADRUGADORES E COMEDOR

Información enviada polo concello en relación á inscrición  no servizo de comedor e madrugadores:

 

 

 

Listaxe definitiva fondo solidario de libros

Están publicadas no taboleiro de anuncios do interior do centro as listaxes definitivas de admitidos  do fondo solidario de libros de texto (nesta listaxe xa podedes comprobar o ISBN dos libros asignados).

Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

A  partir de luns, día 11  de xullo, ata o venres 22  de xullo podedes pasar a recoller os vales de libros e de material, en horario de 10:00 h. a 14:00 h.

  • Os vales deben ser recollidos pola/o solicitante dos mesmos.
  • Se a persoa solicitante non pode acudir debe asinar o seguinte documento: autorización
  • En caso de extravío ou deterioro do vale NON se xera un novo.

Entre o luns, día 11 de xullo, ata o venres 22 de xullo, podedes pasar a recoller os libros de fondo solidario de libros de 4º e de 6º de primaria. Os libros de 3º e 5º de primaria están pendentes da adquisición e previsiblemente serán entregados en setembro.

  • Os libros serán entregados despois de asinar a declaración responsable, ésta só pode ser asinada ou pola nai, ou polo pai, ou pola titora ou titor legal.

Un saúdo

 

Calendario Escolar 2022-2023

No seguinte enlace podedes acceder á orde que regula o  Calendario Escolar para o curso 2022/2023.

  ENLACE

  CALENDARIO

 

 

Listado libros de texto curso 2022-2023

Listado de libros de texto para o curso 2022-2023, continúan os mesmos nos cursos de 2º, 4º e 6º de primaria e mudan os de 1º, 3º e 5º de primaria.

        LISTADO

A listaxe de material  escolar entregarase no mes de setembro.

 

 

Matrícula curso 2022-2023

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2022/2023

O prazo de matrícula irá do día 20 ao 30 de xuño.

Os impresos poderán descargarse nos seguintes enlaces ou poderán recollerse no centro.

Documentación a presentar:

  • Copias do DNI das nais e dos pais do alumnado.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia da cartilla sanitaria da alumna ou alumno.
  • Copia da cartilla de vacinas da alumna ou alumno.
  • 2 fotos actuais da nena ou o neno tamaño carnet.
  • Certificado de matrícula do centro de procendencia (para o alumnado provinte doutro centro).

 

Exposición mulleres que inspiran

 

Con motivo do día da muller iniciamos por aulas a investigación dalgunha muller galega que destacara pola súa traxectoria.

Co fin de compartir o investigado, ou o aprendido en cada aula, montouse nos corredores do centro unha exposición baixo o título "Mulleres que inspiran". No seguinte enlace podedes ver unha pequena mostra de fotografías do exposto.

IMAXES

Esta exposición está sendo visitada por todo o alumnado do centro.

Unha vez rematadas estas visitas decidimos abrir esta exposición a visitas para toda a comunidade educativa. Para evitar aglomeracións facemos a seguinte distribución horaria:

  • Os luns de 16:30 a 18:00 h estará aberta para as familias de Educación Infantil.
  • Os xoves de 16:30 a 18:00 h. estará aberta para as familias de 1º, 2º e 3º de Primaria.
  • Os venres de 16:30 a 18:00 h. estará aberta para as familias de 4º, 5º e 6º de Primaria.

 

Agardamos que resulte interesante e proveitosa.

 

 

 

Campamento de verán ANPA

No seguinte enlace tedes a información que nos envía a nosa ANPA sobre os campamentos de verán que se van organizar no noso centro.

iNFORMACIÓN

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (18-5-2022) e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Poden solicitar:

  • Fondo solidario de libros de texto (préstamo de libros): alumnado a partir de 3º de primaria.
  • Axudas para adquirir libros de texto: só para alumnado que vai cursar 1º ou 2º de primaria.
  • Axudas para adquirir material escolar: todo o alumnado que vai cursar primaria.

As solicitudes poden presentarse no centro ou facelo a través da chave 365

Distribuir contido


by Dr. Radut