Skip to Content

Felicitación Biblioteca

Felicitación de Nadal

Proposta EDL

Estimadas familias:

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega solicitamos a vosa colaboración para unha actividade moi sinxela.

Neste mes de novembro, cada neno e nena debe traer escrita unha palabra relacionada cooutono; cando sexa posible pode incluír ilustración, pero sempre tendo presente que o maior protagonismo debe ser para a palabra. Para isto achégasevos unha plantilla desde o colexio. As palabras deben ser preferiblemente de uso exclusivo en galego (débense evitar palabras que teñan a mesma forma en galego e en castelán). O obxectivo é recompilar vocabulario relacionado con este tema para que o alumnado o vaia incorporando á súa linguaxe habitual.

A data límite para entregar os traballos é o día 30 de novembro. Van quedar expostos nos corredores do colexio, xunto ás palabras que traerán nos seguintes meses relacionadas coas temáticas que vos iremos comentando.

Agradecemos de antemán a vosa colaboración.

Un saúdo.

Roxos, 25 de novembro de 2021

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Pograma conciliación Nadal 2021

Información que nos envía o Concello sobre o programa de conciliación de Nadal 2021.

INFORMACIÓN

 

Amigo Xaco Voz Natura

Presentación do Amigo Xaco

CARTEL

Procedemento de distribución de máscaras

O día 12 de novembro publicouse no DOG a Orde do 28 de outubro de 2021 DOG pola que se regulan os criterios e procedementos de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en Centros docentes públicos e en Centros Privados Concertados no curso 2021/2022.

  1. Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

  1. Ten que presentar solicitude:
    O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra
    algunha das seguintes condicións:
    Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
    Alumnado matriculado en educación especial.
    Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
    Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

Para facer o cálculo da renda per cápita collerase a renda do 2019, sumarase o recadro 435 (base impoñible) máis o recadro 460 (base impoñible de aforro) e o resultado da suma divídese entre o número de membros da unidade familiar.

SOLICITUDES (só para alumnado non beneficiario da axuda de material escolar)
Forma de presentación da solicitude: Unicamente de forma presencial no centro educativo no que estea matriculado o/a alumno/a.
•Prazo:  Para o alumnado matriculado no centro no día de publicación da orde no Diario Oficial de Galicia:10días hábiles a partir do seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia, é dicir, do 15 ao 26 denovembro de 2021. 

O centro comunicará ás familias beneficiarias o momento e o modo no que se fará o reparto.

Para máis información poden poñerse en contacto co centro.

Grazas

Un saúdo

Calendario de Eleccións sector familias

Facemos pública a convocatoria da Elección de representantes de nais, pais e titoras/es legais ao Consello Escolar, onde veñen indicados os prazos e o procedemento.

CONVOCATORIA

Constitución da Xunta Electoral

Distribuir contido


by Dr. Radut