A Xunta de Goberno Local, na sesión extraordinaria celebrada o 27 de abril de 2022, acordou convocar as axudas destinadas á concesión de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o alumnado dos centros docentes públicos e concertados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil (segundo ciclo) e de Educación Primaria Obrigatoria do Concello de Santiago de Compostela, para o curso 2022/2023.
As solicitudes presentaranse no prazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
Estimadas familias:
Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega solicitamos novamente a vosa colaboración para unha actividade semellante á que fixemos en varias ocasións durante este curso.
Neste mes de maio, cada neno e nena debe traer escrito nun papel que van levar, un nome (ou máis) de ábores, flores e froitas en galego. Deben ser nomes galegos que non teñan a mesma forma en castelán. Por exemplo, serviría carballo (nome galego), pero non camelia (ten a mesma forma en galego e en castelán.
Para esta actividade os nenos e nenas van levar a silueta do pétalo dunha flor. Con estes pétalos formaríanse flores, que quedarían expostas nos corredores do colexio. As letras deben ser ben visibles e as siluetas pódense decorar ou colorear.
O obxectivo é recompilar e coñecer unha ampla relación de nomes en galego.
A data límite para entregar os traballos é o día 20 de maio.
Agradecemos de antemán a vosa colaboración.
Un saúdo.