Skip to Content

Novas

Modificación datas non lectivas solicitadas polos centros educativos da vila

Informamos que as datas escollidas definitivas como días non lectivos  por todos os centros educativos de Xinzo de Limia para este curso 2023 - 2024 serán o venres 13 de outubro do 2023 e o luns, 20 de maio.

Consideracións xerais para o primeiro día de clase

“Hai unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade” (Albert Einstein, científico alemán)

OBRADOIRO DE INFORMACIÓN, PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA VIOLENCIA SEXUAL NA MOCIDADE

Lembrade que mañá xoves, 07 de setembro comenza en Xinzo de Limia a Escola de Coeducación:OBRADOIRO DE INFORMACIÓN, PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA VIOLENCIA SEXUAL NA MOCIDADE.  Empezamos ás 19h no Salón de Plenos do Concello.  Para difundir e acudir!

Entrega vales para a adquisción de libros e material escolar. Fondo Solidario Libros de texto

Dende o próximo luns día 3 e ata o venres 7 de xullo, en horario de 10.00 ás 13.00 h,  poderánse recoller os vales de libros e material e consultar a lista de libros que prestará o Fondo Solidario a partir do mes de setembro.

Lista de libros de texto 2023 - 2024

Festival Fin de Curso 2023

O vindeiro mércores, 21 de xuño ás 11.00 da mañá, celebraremos o festival de fin de curso na Pista Polideportiva do centro ao que todas as familias estades invitadas. A entrada farase a partir das 10.50 a.m. pola Cancela Principal (pola que entra habitualmente o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria).

Fin das actividades extraescolares para este curso 2022 - 2023

Segundo fixa a Programación Xeral Anual do centro para este curso 2022/2023, as actividades extraescolares que se fan en horario de tarde (inglés, patinaxe e aula de estudo) rematan o dia 31/05/2023, polo que a partir do dia 01/06/23 todo o alumnado que non sexa usuario de comedor sairá ás 14.00 e aquel que sexa usuario do comedor ás 15.15.

ENQUISA CONVIVENCIA

Distribuir contido


by Dr. Radut