Skip to Content

Avaliación de diagnóstico: Cuestionarios de alumnado e familias

Estimada familia,
O alumnado de cuarto de EP vén de participar nas probas de avaliación de diagnóstico. No día de hoxe foille entregada unha carta dirixida a vostedes na que se solicita que respondan un cuestionario de contexto específico para o alumnado e as súas familias. Na carta indícase a páxina web: https://enquisas.edu.xunta.gal/649647 e a clave de acceso para cubrir o cuestionario en liña. O prazo para esta tarefa remata o 30 de abril de 2024. Para encher o cuestionario en liña, é preciso ter conexión a Internet e un dispositivo electrónico (ordenador, teléfono intelixente, tablet). Se o necesitan, o centro pon á súa disposición o equipamento informático necesario para cubrir o cuestionario. Ademais, se a vostedes non lles resulta posible realizar o cuestionario en liña, poden solicitar a súa versión en papel entregando cuberto o recortable da carta no centro educativo, a través da súa filla/o. Moitas grazas pla súa colaboración.



book | by Dr. Radut