Skip to Content

PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN, A DETECCIÓN E O TRATAMENTO DO ACOSO E DO CIBERACOSO ESCOLAR

Informamos que na entrada ao comedor do centro e na nosa páxina web está instalado o Punto Laranxa contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar, segundo o protocolo fixado pola Consellería. 
Falamos dun buzón a través do cal o alumnado pode comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou perciban en terceiros.
Trátase dunha iniciativa desenvolvida ao abeiro do Plan integral contra estas condutas impulsado pola Xunta de Galicia co fin de blindar que as contornas escolares sexan seguras, inclusivas e respectuosas e que os centros escolares  e os espazos de interacción do alumnado conten cos recursos necesarios para poder previr, identificar e actuar ante estas situacións.
Para xestionar este buzón, en cada centro educativo constitúese un equipo de actuación contra o acoso escolar (ACAE) integrado, entre outros, polo coordinador de benestar emocional e convivencia e a persoa orientadora do centro. que no caso do noso centro estará formado por:

    José Manuel García Lorenzo. Director do centro
    Manuela Vázquez Bouzas. Xefa de Estudos de centro
    Rita Reza Losada. Orientadora do centro
    Mª del Carmen Rodríguez Rodríguez. Coordenadora de Benestar do centro
    Noemí Anta Barragán. Mestra do centro

AdxuntoTamaño
protocolo_educativo_para_a_prevencion_deteccion_e_tratamento_do_acoso_e_ciberacoso_escolarpdf_0.pdf4.04 MB


book | by Dr. Radut