Skip to Content

Prazo de admisión PARA O NOVO ALUMNADO nos centros escolares para o curso 2024/25

Desde o vindeiro venres, día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2024/25, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar na Consellería, o procedemento a seguir en caso de empate na puntuación será o descrito neste enlace:

https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/42304

Podedes pasar polo centro a recoller os impresos para a solicitude de admisión a partir do VENRES 01/03, descargalo arquivo adxunto a esta entrada ou facer o trámite vía telemática. O prazo remata o 20 DE MARZO DO 2024

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • Solicitude Modelo ED550B-G
  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a (fotocopia do libro de familia ou fotocopia do dni do alumno/a)
  • Certificado de convivencia
  • Certificado oficial do expediente académico (alumnado de primaria).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, de darse o caso.
  • Para acreditar o criterio “Familia monoparental” deberá presentarse a certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia ou da autoridade competente doutras administracións públicas.

 

 DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN

  • Publicación das listaxes provisionais: ANTES DO 25 DE ABRIL
  • Reclamación ás listas provisionais: 5 días hábiles a contar desde o día   seguinte ao da publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas: ANTES DO 15 DE MAIO
  • Formalización de matrícula: DO 20 AO 30 DE XUÑO
AdxuntoTamaño
ED550B-G-20222023.pdf1.39 MB


book | by Dr. Radut