Skip to Content

Comunicado oficial do Concello sobre o Desfile de Entroido Infantil

Ante a incerteza da prevision meteorolóxica agardada para este vindeiro Venres 9 de febreiro que poida ser incompatible coa celebración do Desfile infantil do Entroido 2024, comunicamos que seguimos estando moi pendentes da confirmación  desa previsión meteorolóxica para a mañá dese día.
Para ter a máxima fiabilidade e tomar unha decisión adecuada, agardamos a mañá xoves día 8 antes das 12:00 do mediodía, cando se decidirá definitivamente a cancelación ou non do devandito desfile.
Agardamos ter boas novas para non ter que tomar esa difícil medida sempre pensando na seguridade dos nosos cativos e cativas e tratando de evitar truncar o traballo e a ilusión de centos de familias e docentes.



book | by Dr. Radut