Skip to Content

Desfile Infantil de Entroido 2024

 

O vindeiro venres, 9 de febreiro, o noso cole participará no Desfile Infantil de Entroido organizado polos centros educativos da Limia, coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia, Policía Local e Protección Civil de Xinzo de Limia e a Comisión de  Entroido de Xinzo de Limia.
O desfile arrancará ás 11.30 do noso cole e pasará pola Avenida de Madrid, Avenida de Ourense e Rúa Marcelo Macías para rematar no CEIP Carlos Casares.
Se as condicións metereolóxicas non permitiran o normal desenvolvemento do mesmo, o desfile suspenderíase, sendo substituído por un encontro das clases coas familias no xinmasio do centro co seguinte horario:

09.30: alumnado de tres anos de EI
09.55: alumnado de catro anos de EI
10.20: alumnado de cinco anos de EI
10.45: alumnado de primeiro de EP
11.10: alumnado de segundo de EP
11.35: alumnado de terceiro de EP
12.00: alumnado de cuarto de EP
12:25 alumnado de quinto de EP
12:50 alumnado de sexto de EP

As familias deses grupos accederán ao ximnasio pola cancela de transporte e cando así llo indiquen abandonarán do xeito máis áxil o ximnasio para favorecer que non haxa retrasos nos horarios dos seguintes grupos. Moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración.



book | by Dr. Radut