Skip to Content

Período de vacacións de Nadal do curso 2023-2024

Segundo figura no calendario escolar da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades na súa Orde do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/2024 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o período de vacacións de Nadal abrangue dende o 22 de decembro de 2023 ata o 5 de xaneiro de 2024, ambos inclusive, reanudando a actividade lectiva o luns, 8 de xaneiro de 2024 no horario habitual.

O derradeiro día de clase será o xoves, 21 de decembro. Este día teremos horario normal de clases e funcionarán con normalidade os servizos de transporte e comedor, polo que os horarios de saída do centro serán os de todos os días.

Do mesmo xeito informamos que as cualificacións da primeira avaliación serán publicadas na plataforma ABALAR, o xoves 21 de decembro a partires das 16:00 horas.



book | by Dr. Radut